Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Obras e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras de mellora de iluminación pública en Espiño, Escorial e Basanta en San Xoán de Filgueira.

b) Prazo de execución: un mes.

3. Financiamento do contrato.

O contrato finaciarase con cargo á partida 09000-4321-601.03 do orzamento xeral en vigor.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación do expediente: trámite normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación.

Sínalese como tipo de licitación: 10.388.568 pesetas, incluído o IVE (62.436,55 euros).

6. Garantía.

Provisional: 207.771 pesetas.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade. Concello de Ferrol.

b) Dependencia: Obras e Contratación.

c) Enderezo: praza de Armas, s/n.

d) Localidade e código postal: Ferrol 15402.

e) Teléfono: 981 33 67 05.

f) Fax: 981 33 67 47.

g) Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación.

Vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio de licitación no DOG (se este coincidise en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ata o seguinte día hábil).

b) Documentación que deben presenta-los licitadores: a sinalada nas cláusulas 12 e 13 do prego de cláusulas administrativas particulares e no anexo I (cadro de características do contrato).

c) Lugar de presentación: rexistro xeral situado na planta baixa.

1º Entidade: Concello de Ferrol.

2º Enderezo: praza de Armas, s/n.

3º Localidade e código postal: Ferrol 15402.

4º Teléfono: 981 33 67 03.

5º Fax: 981 35 41 22.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Enderezo: praza de Armas, s/n.

c) Localidade: Ferrol.

d) Data: o día que oportunamente se lles sinale ós licitadores.

e) Hora: a que oportunamente se lles sinale ós licitadores.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 25 de outubro de 2000.

Xaime Bello Costa

Alcalde