Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.953

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (237/1999).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela,

Dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 237/1999 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, Ángel Pantín Reigada maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco desta cidade, dictou esta resolución no xuízo de faltas en representación da acción pública, doutro como denunciante, Graciela María Vila González; como denunciados Rafael del Árbol Pérez, Pedro Ferreiro Mourelle e Manuel Alejandro Fuentes Landura.

Que debo absolver e absolvo a Rafael del Árbol Pérez, Pedro Ferreiro Mourelle e Manuel Alejandro Fuentes Landura da falta que se lles imputa, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a audiencia provincial no prazo de 5 días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Pedro Ferreiro Mourelle, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o trinta de outubro de dous mil.

A secretaria

Rubricado