Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.952

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (351/1997).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 351/1997 se dictou esta providencia, que di:

Santiago de Compostela, dez de xuño de mil novecentos noventa e nove.

Recibido o anterior oficio do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, únase ós autos da súa razón. Á vista do anterior oficio e dado que o expediente de nomeamento de avogado en relación coa presentación do recurso de apelación de Paulo Sergio Trigo Pinto foi arquivado, póñase no seu coñecemento e seguidamente continúen os autos ó seu correspondente trámite.

Presentado o anterior escrito por Bruno Paz Fraga, únase ós autos da súa razón. Tense por interposto recurso de apelación contra a sentencia dictada por este xulgado e déase traslado ás demais partes polo termo de dez días para que formulen impugnación ou adhesión a este e, transcorridos os ditos días, presentados ou non escritos, elévense os autos á audiencia provincial no prazo de dous días.

E para que conste e lle sirva de notificación de providencia de admisión do recurso a Paulo Sergio Trigo Pinto, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o 26 de outubro de 2000.

O secretario

Rubricado