Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.952

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (169/2000).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 169/2000, se dictou a seguinte cédula de citación.

O maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela acordou citala a vostede, co fin de que o vindeiro día vinteún de decembro, ás dez horas, asista na sala de vistas número dous, primeira planta, á realización do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por lesións, en calidade de denunciante-denunciada.

Fáiselle saber que deberá comparecer no acto de xuízo con tódolos medios de proba dos que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que

poderá acudir asistida de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Apercíboa de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa, e recaer sobre el o prexuízo ó que houber lugar en dereito e que, no caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tivese, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e lle sirva de citación a Raquel Suárez Martínez, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vintecatro de outubro de dous mil.

O secretario

Rubricado