Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.953

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (230/1999).

Yo, Ramón Lojo Aller, maxistrado do Xulgado do Penal número un de Santiago de Compostela, fai saber:

Que neste órgano xudicial se segue executoria número 230/1999 por delicto contra a seguridade do tráfico, contra Edmundo Sobrido Santos, no que se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán. Sinálase para que teña lugar o acto de remate na sala de audiencia deste órgano o vindeiro día 23 de novembro de 2000, ás 10 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segundo.-Que os ofertantes, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal de Santiago de Compostela nº 1585, concepto

78, expediente 230/1999, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do valor do ben que sirva de tipo, facendo consta-lo número e o ano do procedemento, requisito sen o cal non serán admitidos, non aceptándose entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Terceiro.-Unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de lles cede-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa realización, poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Que as cargas e gravames anteriores e os posteriores preferentes, se as houber, quedarán subsistentes, e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade destas, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa sinálase, para a realización dunha segunda, o día 22 de decembro de 2000, ás 10 horas, para a que servirá de tipo o 75 % do sinalado para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente, e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a realización dunha terceira, o día 23 de xaneiro de 2001, ás 10 horas, poxa que se realizará sen suxeición a tipo, debendo consignar, quen desexe tomar parte nela, o 20 % do tipo que serviu de base para a segunda. Se por forza maior ou causas alleas non puidese realizarse a poxa no día e hora sinalados, entenderase que se realizará o día seguinte hábil, á mesma hora, exceptuándose os sábados.

Bens que se sacan a poxa e valor:

Vehículo marca Fiat Brava, matrícula C-7467-BP, taxado pericialmente en cincocentas cincuenta mil pesetas. Está precintado no lugar de Cuchariza, 71-Olveira, do concello de Ribeira.

Dado en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 2000.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado