Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.949

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2000 pola que se lle dá cumprimento ó acordo da Comisión de Goberno deste consello, do 10 de novembro de 2000, polo que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación de dous postos de traballo vacantes no Consello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 199, do 13 de outubro de 2000,

segundo o establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co acordo da Comisión de Goberno do 10 de novembro deste ano,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se expresan no anexo desta resolución, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión das prazas adxudicadas comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, e será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, lle fosen concedidos ós interesados.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o Pleno do Consello no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar, se é o caso, calquera outro que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2000.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior

ANEXO

NRP/DNI: 36047533 A2086.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Alonso García, Andrés.

Posto de traballo: auditor.

NIVEL: 30.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP/DNI: 3243976735 A2051.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Dacal Vázquez, José Manuel.

Posto de traballo: xefe de Sección de Persoal e Material.

Nivel: 25.

Localidade: Santiago de Compostela.