Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.948

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicada por Resolución do 11 de agosto de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 166, do 28 de agosto), correspondente á categoría 7 (garda xurado fluvial, garda de explotación) (lista B) do grupo IV.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 20 de novembro de 2000, resolución estimatoria dos recursos formulados por Javier Lopez Caseiro, Juan José González Veloso e Jorge Pinza Vidueira, contra a Resolución do 11 de agosto de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 7 (garda xurado fluvial, garda de explotación) (lista B) do grupo IV.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición dos interesados, procede da-la debida publicidade á modificación provocada por este, nas listas publicadas por Resolución do 11 de agosto de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 7 (garda xurado fluvial, garda de explotación) (lista B) do grupo IV, cos seguintes datos:

Javier López Caseiro, DNI: 44.449.044, lista B, puntuación: 1,850 puntos.

No posto número 2 para o ámbito xeográfico D3200.

No posto número 2 para o ámbito xeográfico D3600.

Juan José González Veloso, DNI: 76.722.236, lista B, puntuación: 1,000 puntos.

No posto número 5 para o ámbito xeográfico D1500.

No posto número 7 para o ámbito xeográfico D2700.

No posto número 7 para o ámbito xeográfico D3200.

No posto número 7 para o ámbito xeográfico D3600.

Jorge Pinza Vidueira, DNI: 76.710.775, lista B, puntuación: 1,310 puntos.

No posto número 4 para o ámbito xeográfico D3200.

No posto número 4 para o ámbito xeográfico D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

A presente resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública