Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.948

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 29 de xuño de 2000, e correspondentes á categoría 27 (técnico superior diplomado/a en informática e outros) (lista B) do grupo II.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou con data do 20 de novembro de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Mª Luz Díaz López, contra a Resolución do 29 de xuño de 2000, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 27 (técnico superior diplomado/a e outros) (lista B) do grupo II.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por esta, nas listas publicadas por Resolución do 29 de xuño de 2000, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 27 (técnico superior diplomado/a e outros) (lista B) do grupo II, cos datos seguintes:

Mª Luz Díaz López, DNI: 33.305.515, lista B, puntuación: 0,000 puntos.

No posto número 31 para o ámbito D0000.

No posto número 28 para o ámbito D1500.

No posto número 31 para o ámbito D2700.

DNI: 33.305.922.

Apelidos: Díaz López.

Nome: María Luz.

Base 1: 0.

Base 2*: 0.

Base 3*: 0.

Base 4*: 0.

Base 5: 0.

Base 6: 0.

Base 7: 0.

Base 8: 0.

Total: 0.

A suma da puntuación dos puntos b2, b3 e b4 non poderá exceder de 5 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

A presente resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución ou directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública