Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.947

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicada por Resolución do 7 de xullo de 2000, correspondente á categoría 11 (titulado/a superior pedagogo/a) (lista B) do grupo I.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 20 de novembro de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Marta Mª Paz Fuentes contra a Resolución do 7 de xullo de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 11 (titulado/a superior pedagogo/a) (lista B) do grupo I.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede da-la debida publicidade á modificación provocada por esta, nas listas publicadas por Resolución do 7 de xullo de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 11 (titulado/a superior pedagogo/a) (lista B) do grupo I, cos seguintes datos:

Marta Mª Paz Fuentes, DNI 33.861.090 lista B, puntuación: 5,950.

No posto número 3 no ámbito xeográfico D0000 e no posto número 2 no ámbito xeográfico D2700.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

A presente resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Públi

ca no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública