Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.946

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 4 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 137, do 14 de xullo), correspondente á categoría 23 (mestre/a gaiteiro/a) (lista B) do grupo IV.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou con data do 20 de novembro de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Miguel Zorrilla Armesto, contra a Resolución do 4 de xullo de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 23 (mestre/a gaiteiro/a) (lista B) do grupo IV.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición do interesado, procede darlle a debida publicidade ás modificacións provocadas por estas, nas listas publicadas por Resolución do 4 de xullo de 2000 (DOG nº 137 do 14 de xullo), no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 23 (mestre/a gaiteiro/a) (lista B) do grupo IV, cos datos seguintes:

Miguel Zorrilla Armesto, DNI: 32.820.599, lista B, puntuación: 1.750 puntos.

No posto número 4 para o ámbito U0000.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

A presente resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública