Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.945

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Funcionario, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, constituída ó abeiro do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fan públicas as emendas da lista provisional do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, (lista B).

Rematado o prazo fixado na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 4 de outubro de 2000, pola que se publicaban as listas para a cobertura con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A) escala superior de finanzas, lista B, e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Funcionario, na súa sesión do día 13 de novembro de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público como anexo I a esta resolución a relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma. De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 23 de maio de 2000, a Comisión Permanente de Selección de Persoal Funcionario establece o número máximo de aspirantes admitidos naqueles que teñan unha puntuación igual ou superior a 0,75 puntos.

Segundo.-Facer público como anexo II a esta resolución o aspirante que non figuraba en ningunha relación e que, unha vez vista a súa alegación, pasou a integrarse na lista de admitidos.

Terceiro.-Os solicitantes relacionados nos anexos I e II que superaron a puntuación de 0,75 puntos estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa:

Grupo A: 7.525 pesetas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 23 de maio de 2000.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado, serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publi

cación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada nos anexos, ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixirlle á Comisión Permanente de Selección de Persoal Funcionario (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Funcion Pública

ANEXO I

DNIApelidos e nomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total (*)

36120821Álvarez López, Mª Carmen0,750,75

33321769Artalejo Vázquez, Mª Julita0,200,750,95

33298102Calderón Rodríguez, Mª Noemí0,200,750,95

35322747Casas Vázquez, Ramón0,750,75

33276700Cerqueiro Gómez, Mónica0

32767228Corominas Tenreiro, Mª Xosé0,750,821,57

79316592Estramil Varela, Mª Pilar0,200,750,911,86

33321316Ferreiro Cendán, Francisco Javier0,750,75

77594137Larrea Anllo, Ana Encarnación0,750,271,02

44076552López Pérez, Sergio0,750,130,88

34978136Pozo Borrajo, Mª Carmen0,750,75

34916463Torres Rodríguez, Rosa Celia0,200,750,761,71

33316671Vázquez Lodeiro, Mª José0,750,75

ANEXO II

DNIApelidos e nomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total (*)

76619450Diéguez Diéguez, Mª Carmen0,800,751,032,55

76414234Martínez Breijo, Mónica0,750,110,86

(*) Aplicados os topes máximos por epígrafe do baremo (artigo 12.b do Decreto 89/1997).