Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 30 de novembro de 2000 Páx. 15.926

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Emesa-Trefilería, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Emesa-Trefilería, S.A. (código 1500492) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-9-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polo comité de empresa o día 15-9-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado

á Comunidad Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de outubro de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

Acta final de la comisión negociadora do convenio colectivo de Emesa Trefilería, S.A.

Anos 2000-2001-2002

Asistentes:

En representación dos traballadores:

José Manuel Graña Bouzas.

Carlos Gestal Rabuñal.

Manuel Rendal Rico.

Manuel Naya Fernández.

Melchor Añón Vázquez.

Juan B. Alvariño Souto.

Isidro Silva Pereira.

Enrique Yáñez Morales.

J. José Mª García Fernández.

En representación da empresa:

Juana Mª Fernández.

Faustino Menéndez Portela.

José Yera Yagüe.

Carlos Bruno López Ferreiro.

José Eugenio Bonis Téllez.

José Mª Ríos Pernas.

Na Coruña, sendo as once horas do día quince de setembro do ano dous mil, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo de Emesa Trefilería, S.A., integrada polas persoas arriba relacionadas, na representación que desempeñan.

Ámbalas partes, froito das deliberacións levadas a cabo, deciden de mutuo acordo proceder neste acto á sinatura do presente convenio colectivo de Emesa Trefilería, S.A. para os anos 2000, 2001 e 2002, nos termos contidos na documentación que se xunta a esta acta.

No dito texto queda recollido e integrado o primeiro acordo marco do grupo Aceralia, alcanzado en Madrid o día 31 de maio de 2000.

Finalmente, as partes acordan delega-la sinatura do texto que se xunta a esta acta en Faustino Menéndez, pola representación da empresa, e en José Manuel Graña, pola representación dos traballadores.

E, en proba de conformidade, as partes asinan por triplicado exemplar o presente documento, no lugar e data indicados ó principio.

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito territorial e funcional.

Este convenio regula as condicións de traballo entre a empresa Emesa Trefilería, S.A. e o seu persoal.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Por este convenio rexerase todo o persoal que preste os seus servicios na empresa, con excepción do persoal directivo e dos traballadores que, pola súa propia e libre vontade, sexan considerados pola dirección da empresa como persoal excluído do ámbito de aplicación persoal do convenio.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este convenio terá unha vixencia desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2002.

Terminada a súa vixencia, entenderase prorrogado de ano e ano en canto calquera das partes non solicite en forma legal a súa revisión ou rescisión, con tres meses de anticipación, como mínimo, ó seu termo ou ó de calquera das súas prórrogas.

Capítulo II

Tempo de traballo

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada efectiva de traballo determínase mediante cómputo anual, de conformidade co establecido neste artigo.

Durante a vixencia deste convenio colectivo reduciranse 24 horas de traballo.

O tempo de traballo computarase de xeito que tanto ó comezo como ó final da xornada diaria o traballador se encontre no seu posto.

O cambio de vez ou quenda realizarase ó pé da máquina ou posto de traballo, de modo que en ningún momento se altere ou interrompa o proceso productivo.

Co fin de consegui-la reducción de tempos improductivos e mellora-la productividade, os traballadores realizarán as tarefas e funcións complementarias ou auxiliares, relativas á execución do seu traballo, que non requiran coñecementos especiais propios doutros oficios.

Anualmente elaborarase o calendario laboral e exporase un exemplar del nun lugar visible do centro de traballo. Para isto, para o persoal cun réxime de traballo no que se prevexa a prestación de servicios en festivos, durante a vixencia deste convenio os calendarios irán establecendo progresivamente descansos adicionais por festivos ata atinxi-lo número de catorce días de descanso por este concepto.

A duración da xornada anual efectiva para os distintos réximes de traballo é a que se indica a seguir:

Xornada anual efectiva:

a) Personal administrativo e técnico:

Ano 2000: 1.741 h.

Ano 2001: 1.725 h.

Ano 2002: 1.701 h.

Traballando semanalmente de luns a venres. Confeccionaranse os calendarios para a distribución das xornadas de inverno e verán.

b) Persoal con xornada partida:

Ano 2000: 1.764 h.

Ano 2001: 1.748 h.

Ano 2002: 1.724 h.

Nos dous casos, para efectos de determina-la xornada ordinaria en xornada de día, a xornada anual antes indicada distribuirase entre o número de días laborables que resulten en cada ano de vixencia do convenio, de acordo cos réximes de traballo do lugar onde se encontre o centro.

c) Persoal de quendas:

Ano 2000: 1.764 h.

Ano 2001: 1.748 h.

Ano 2002: 1.724 h.

Dentro desta xornada do persoal de quendas computaranse como tempo de traballo 15 minutos diarios en concepto de bocadillo.

O persoal de tres quendas terá xornada de 40 horas de luns a venres, co correspondente descanso de bocadillo.

A reducción de xornada ata atinxi-las 1.680 horas anuais efectivas farase da maneira seguinte:

-Persoal administrativo e técnico: reducción de 21 horas anuais no ano seguinte ó de expira-la vixencia deste convenio.

-Persoal con xornada partida e de quendas: reducción de 24 horas anuais no ano seguinte ó de expira-la vixencia deste convenio e 20 horas anuais no posterior.

Artigo 5º.-Distribución irregular da xornada.

Co fin de facilita-lo mellor aproveitamento da xornada e das instalacións, permitindo atender situacións de cargas de traballo descontinuas, paradas por avarías, mantemento, programadas ou non programadas, non xeradas por falta de persoal, acórdase adecua-la xornada de traballo, quer prolongándoa quer reducíndoa, por xornadas completas, nos días que sexan laborables para cada réxime de traballo, ou traballando nos días de descanso.

Estas modificacións de xornada deberán respectar, en todo caso, os períodos mínimos de descanso diario e semanal previstos legalmente.

Por encima das 32 horas en cómputo anual de distribución irregular da xornada será preciso o acordo previo co comité de empresa.

Canto ó procedemento que se deberá seguir, a empresa designará aquelas persoas a que por quenda lles corresponda.

Establecerase un cómputo anual de horas de traballo efectivo, de maneira que as horas traballadas no ano por encima da xornada laboral anual efectiva se compensarán por tempo equivalente de descanso durante o primeiro trimestre do ano seguinte, e as que queden por traballar para chegar á citada xornada anual compénsanse polas que se realicen durante o ano seguinte, segundo as necesidades productivas da empresa.

Para aqueles supostos nos que polo seu calendario de traballo non corresponda traballar ese domingo ou festivo, a compensación económica equivalente determinarase en cada centro.

O traballador será avisado dos cambios do seu horario habitual con 48 horas como mínimo de anticipación, sempre que as circunstancias o permitan.

De todas estas incidencias notificarase simultaneamente ó comité de empresa.

Artigo 6º.-Réxime de traballo cuarta quenda.

Mantense o réxime de catro equipos de traballo que realizan este diariamente de forma continuada, mesmo domingos e festivos, con quendas rotativas semanais de mañá, tarde e noite, e descanso en luns/martes, mércores/xoves e venres/sábado/domingo respectivamente, polo que a duración dun ciclo completo é de 28 días naturais, nos que se inclúen 7 descansos.

A empresa poderá, en función das necesidades de fabricación, establecer ou suprimi-lo réxime de traballo denominado cuarta quenda, así como establece-la flexibilidade do calendario de descansos en función da carteira de pedidos.

Artigo 7º.-Vacacións.

As vacacións anuais serán de 23 días laborables.

As vacacións devengaranse e desfrutaranse por anos naturais, sendo proporcionais ó tempo efectivo de traballo no dito período, computándose por doceavas partes, tomando a fracción de mes como completo. Os períodos de baixa por enfermidade ou accidente de traballo computaranse como traballados para estes efectos. No caso de que a súa rolda de vacacións tivese finalizado, reincorporarase ó traballo e desfrutará as vacacións cando o permitan as necesidades do servicio, a xuízo da xefatura e do comité de empresa.

Excepcionalmente, o desfrute poderá ter lugar ó ano seguinte, cando isto non fose posible no propio ano natural como consecuencia da baixa.

Todo o persoal, sen distinción de categorías profesionais, terá dereito ó desfrute de 20 días laborables no verán e os tres días restantes no mes de decembro, segundo o calendario laboral, respectando, en todo caso, que queden garantidas as capacidades productivas e funcionais de cada instalación

ou servicio, así como a seguranza das persoas e das cousas.

A empresa comunicará a data de inicio con, alomenos, dous meses de anticipación.

A retribución dos ditos días comprenderá a media de tódolos conceptos salariais aboados nos tres últimos meses anteriores ás vacacións.

Artigo 8º.-Días extras non laborais.

Mantéñense os seguintes días extras non laborables:

-Sábado Santo.

-24 de decembro.

-31 de decembro.

No caso de os días 24 e 31 de decembro coincidiren en domingo, estes trasladaranse ós días 26 e 30 de decembro.

Estes días nunca terán a consideración de vacacións, polo que, os que neses días se encontrasen en situación de baixa ou vacacións, non terán dereito a compensación ningunha.

Artigo 9º.-Licencias.

A tódolos traballadores que o soliciten, logo de notificación da súa necesidade, seralles concedida licencia polos motivos e períodos seguintes:

a) Por casamento.

-15 días naturais no caso de un dos contraentes se-lo propio traballador.

-2 días se se trata do casamento dun fillo.

-1 día polo irmán do traballador ou o irmán do cónxuxe.

b) Polo parto da esposa.

-5 días naturais, ampliables con licencia sen soldo, logo de solicitude á empresa, en caso de enfermidade grave e notificación dela.

c) Por falecemento.

-3 días naturais en caso de falecemento de cónxuxe, fillos, irmáns e pais e nais dun ou outro cónxuxe.

-2 días naturais por falecemento de tíos, netos, avós, avós políticos do traballador.

d) Por enfermidade grave.

-2 días naturais en caso de enfermidade grave do cónxuxe, fillos, pais ou nais dun ou outro cónxuxe, e de netos, avós ou irmáns do traballador.

-Tamén terán dereito a 5 días de licencia sen soldo os traballadores que o soliciten, por enfermidade ou defunción de familiares da liña ascendente ou descendente, sen limitación, e de colaterais ata o segundo grao.

e) Consulta médica.

-O tempo preciso para a consulta médica do SOE que se sinala no artigo 58 da Lei de contrato de traballo.

f) Por traslado de domicilio.

-2 días naturais por traslado do seu domicilio habitual.

g) De carácter público.

-O tempo indispensable para o cumprimento dun deber de carácter público, debidamente acreditado.

h) Permiso por lactación.

-Observarase o disposto no artigo 37.4º do Estatuto dos traballadores.

Estes permisos aboaranse con cargo ó soldo base, antigüidade e complemento de actividade.

Para os casos indicados no primeiro parágrafo da alínea c) aboarase, ademais, a prima variable e o complemento de transporte.

Artigo 10º.-Excedencias.

1. A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase:

a) Pola designación ou elección do traballador para un cargo público representativo que imposibilite a asistencia ó traballo.

b) Para o desempeño dun cargo sindical electivo a nivel provincial, autonómico ou estatal nas organizacións sindicais máis representativas.

O período de vixencia será o do desempeño do cargo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público ou sindical.

2. O traballador con alomenos unha antigüidade na empresa de un ano ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de se situar en excedencia voluntaria por un prazo non menor dun ano e non maior de cinco anos. Cando se estea a desfrutar un período de excedencia, e antes de este finalizar, o traballador poderá solicitar, por unha única vez, a concesión de prórroga por un período que, sumado ó anterior, non exceda na súa totalidade de cinco anos.

A excedencia ou, se for o caso, a prórroga, solicitarase cun mes de anticipación.

O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houber ou se produciren na empresa.

3. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contando desde a data de nacemento ou, se for o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia, de duración non superior a un ano, os traballadores para atender ó coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que, por

razóns de idade, accidente ou enfermidade non se poida valer por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

A excedencia prevista neste número constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, poderase limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito causante dea dereito a un novo período de excedencia, o inicio dela dará fin ó que, se for o caso, se estivese a desfrutar.

O período en que o traballador permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste número será computable para efectos de antigüidade.

Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do posto de traballo. Transcorrido este prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou de categoría equivalente.

Os períodos de excedencia por encima dos previstos neste número rexeranse polas normas da excedencia voluntaria.

4. Por pacto individual entre empresa e traballador, este poderá pasar a presta-los servicios noutras empresas do grupo, acordándose a suspensión do seu contrato de traballo na empresa de orixe polo tempo que dura esa situación.

O tempo de duración desta situación terase en conta para efectos do cómputo de antigüidade na empresa de orixe, e o reingreso, que deberá ser solicitado polo interesado dentro do mes anterior á data do cesamento da prestación que motivou a excedencia producirase de forma automática nun posto de traballo correspondente ó grupo profesional desempeñado no momento de se inicia-la referida suspensión e sempre que o cesamento non fose como consecuencia de despedimento disciplinario declarado procedente.

En calquera caso, o reingreso será incompatible coa percepción de calquera indemnización por cesamento na empresa á que se pasou a prestar servicios.

5. A excedencia entenderase sempre concedida sen dereito a percibir retribución ningunha por parte da empresa mentres dure, e non poderá ser utilizada para prestar servicios en empresa similar ou que implique competencia, salvo autorización expresa e por escrito. Se o excedente infrinxise esta norma, entenderase que rescinde voluntariamente o contrato que tiña e perderá tódolos seus dereitos.

Capítulo III

Organización

Artigo 11º.-Organización do traballo.

A organización e determinación dos recursos que requiran os procesos productivos e de fabricación corresponde á dirección da empresa, que as deberá realizar observando as disposicións legais estable

cidas, sen prexuízo dos dereitos e facultades recoñecidos ós traballadores e ós seus representantes na lexislación vixente e neste convenio colectivo.

A dirección, logo de informe do comité de empresa e aténdose, en todo caso, ás esixencias legais, poderá amortiza-los postos de traballo que resultasen vacantes e que se consideren innecesarios.

Todo traballador da empresa deberá ter un rendemento normal no seu posto de traballo. Enténdese por rendemento normal o definido na extinta ordenanza laboral siderometalúrxica.

Capítulo IV

Estructura profesional

Sección primeira

Clasificación profesional

Artigo 12º.-Clasificación profesional.

O persoal que preste os seus servicios na empresa será clasificado tendo en conta os seus coñecementos, experiencia, grao de autonomía, responsabilidade e iniciativa.

Esta clasificación ten por obxecto lograr unha estructura profesional acorde coas necesidades da empresa, que facilite a mellor integración de todo o colectivo nas tarefas productivas e mellore a súa adecuación en todo momento a un posto de traballo mediante a oportuna formación.

Artigo 13º.-Clasificación organizativa.

Todo traballador integrado nesta estructura terá, como consecuencia disto, unha determinada división funcional e un grupo profesional. A conxunción de ámbolos datos fixará consecuentemente a clasificación organizativa de cada traballador.

É contido primario da relación contractual laboral o desempeño das funcións que leva consigo a súa clasificación organizativa, debendo, en consecuencia, ocupar calquera posto dela, tendo recibido previamente, por parte da empresa, a formación adecuada ó novo posto, cando ela sexa necesaria.

Artigo 14º.-Divisións funcionais.

Tódolos traballadores estarán incluídos nunha das divisións de técnicos, empregados e operarios.

a) Técnicos. É o persoal con alto grao de cualificación, experiencia e aptitudes, equivalentes ás que se poidan adquirir con titulacións superiores e medias, realizando tarefas de alta cualificación e complexidade.

b) Empregados. É o persoal que polos seus coñecementos e/ou experiencia pode realizar tarefas administrativas, comerciais, de organización, de informática, de laboratorio e, en xeral, as específicas de postos de oficina, informatizadas ou non, que permiten informar da xestión, da actividade económica, coordinar labores productivos ou realizar tarefas auxiliares que comporten atención ás persoas.

c) Operarios. É o persoal que, polos seus coñecementos e/ou experiencia executa operacións rela

cionadas coa producción, ben directamente, actuando no proceso productivo, ben indirectamente, en labores de mantemento, transporte ou outras operacións auxiliares. Sen prexuízo de que poidan realizar, pola súa vez, funcións de supervisión ou coordinación.

Artigo 15º.-Grupos profesionais.

Todo traballador será clasificado tendo en conta o seu nivel de coñecementos, tanto pola formación básica adquirida como pola experiencia acumulada, así como a autonomía no desenvolvemento do seu traballo, e todo isto tendo en conta a estructura organizativa de cada empresa.

1. Grupo I. Son traballadores que teñen a responsabilidde directa na xestión dunha ou varias áreas funcionais da empresa ou realizan tarefas técnicas da máis alta complexidade e cualificación. Toman decisións e/ou participan na súa elaboración, así como na definición de obxectivos concretos. Desempeñan as súas funcións cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade.

Con titulación universitaria de grao superior ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa e con experiencia consolidada no exercicio do seu sector profesional.

2. Grupo II. Son traballadores que, cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade, realizan tarefas técnicas complexas, homoxéneas ou heteroxéneas, ou que teñen un alto contido intelectual ou de interrelación humana. Tamén aqueles responsables directos da integración, coordinación e supervisión de funcións, realizadas por un conxunto de colaboradores nunha mesma unidade funcional.

Con titulación universitaria de grao medio ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, completada cunha experiencia dilatada no seu sector profesional.

3. Grupo III. Son aqueles traballadores que, con ou sen responsabilidade de mando, teñen un contido medio de actividade intelectual ou de interrelación humana, cun nivel de complexidade técnica media e autonomía dentro do proceso establecido.

Igualmente, aqueles cun traballo que requira amplos coñecementos e destrezas dentro das diferentes especialidades ou un excepcional dominio dunha delas, sendo necesario alcanza-lo máximo nivel profesional.

Con formación profesional de grao superior (título de técnico superior) ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, complementada cunha experiencia contrastada no posto de traballo.

4. Grupo IV. Son aqueles traballadores que, aínda que realicen tarefas con instruccións precisas, necesitan coñecementos profesionais, aptitudes prácticas ou esixencia de razoamento, e supoñen, en todo caso, responsabilidade na execución, aínda que baixo algún tipo de supervisión.

Con formación profesional de grao medio (título de técnico) ou bacharelato ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, con experiencia prolongada no posto de traballo ou cualificación específica con ampla experiencia e formación.

5. Grupo V. Son traballadores que realizan tarefas segundo instruccións concretas, con alto grao de dependencia ou supervisión, que requiren coñecementos profesionais de carácter elemental ou un curto período de adaptación. Igualmente, aquelas que signifiquen o mero fornecemento de esforzo físico.

Con formación a nivel de graduado escolar, ensino secundario obrigatorio (ESO) ou certificado de escolaridade ou equivalente.

De conformidade co previsto na disposición transitoria primeira deste convenio, e en canto non se proceda á adecuación prevista nela, manterase a clasificación profesional dos postos de traballo existentes ata a data.

Sección segunda

Mobilidade

Artigo 16º.-Mobilidade funcional.

Poderá asignarse a realización de funcións que supoñan cambio de grupo, dentro da mesma división funcional, ou cambio de división funcional e de grupo profesional, por razóns debidas a modificacións nos procesos productivos, reforma de instalacións, reorganización de áreas de traballo, circunstancias económicas, variacións de mercado, necesidade de persoal nunha división funcional e persoal dispoñible noutra, así como cando se derive do establecido no artigo 19º deste convenio colectivo.

Este cambio notificaráselles asemade ó traballador afectado e ó comité de empresa, indicando as novas funcións asignadas, as causas que motivan o cambio e as condicións de aplicación. Ó comité de empresa notificaránselle tamén as persoas afectadas.

Para os supostos de carácter colectivo iniciarase un período de consultas cos representantes dos traballadores por un prazo de 15 días. Transcorrido este prazo sen acordo, a fin de resolve-las discrepancias que xurdisen no período de consultas, acudirase ó procedemento previsto no capítulo X do presente convenio do procedemento de solución extraxudicial de conflictos.

Capítulo V

Emprego

Sección primeira

Convenios de colaboración na formación e principios contratación

Artigo 17º.-Convenios de colaboración na formación e principios da contratación.

As partes establecen un conxunto de medidas que permitan unha solución integral do emprego en Aceralia nun dobre sentido: adecua-la estructura do cadro de persoal ás necesidades existentes alí onde existan desaxustes, identificando coa nova estruc

tura profesional as competencias necesarias para cubri-las actividades chave da organización, entendendo que estas deben de estar cubertas por persoal propio de Aceralia. Así mesmo, as partes impulsarán a aplicación do principio de igualdade de oportunidades entre persoas dun e outro sexo.

1. As partes recoñecen que os convenios de colaboracción con centros académicos para a realización de prácticas relacionadas co contido dos seus plans de estudio facilitan o adestramento e experiencia que favorece a posterior incorporación ó traballo e permiten ás empresas contar con profesionais preparados.

2. O ingreso de persoal realizarase mediante as modalidades contractuais establecidas pola lexislación vixente en cada momento que resulten axeitadas ás necesidades que motiven a contratación.

Co obxecto de atender a unha adecuación permanente dos recursos propios ás circunstancias tecnolóxicas e do mercado, poderanse realizar contratacións de duración determinada. Todo isto conforme se indica nas alíneas seguintes:

a) Poderanse efectuar contratos eventuais por circunstancias da producción, en situacións de exceso ou acumulación de tarefas, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

b) Poderanse utiliza-los contratos de interinidade para substituír traballadores da empresa con dereito a reserva do posto de traballo (tales como vacacións, incapacidade temporal, etc.)

Estes contratos identificarán necesariamente o traballador ou traballadores substituídos e a causa da substitución, sendo a súa duración a do tempo durante o que subsista o dereito de reserva do posto de traballo do traballador substituído.

c) Poderán utilizarse contratos para a realización de obras ou servicios determinados con autonomía e substantividade propias dentro da actividade da empresa e a execución dos cales, aínda que limitada no tempo, é en principio de duración incerta.

A duración do contrato será a do tempo esixido para a prestación da obra ou servicio, extinguíndose cando se realice a obra ou servicio obxecto do contrato, logo de denuncia das partes.

3. O ingreso de persoal na empresa considerarase feito a título de proba, que será de seis meses para os técnicos e de dous meses para o resto do persoal, salvo que a modalidade do contrato tivese establecido un período diferente, caso no que se aplicará este.

As situacións de incapacidade temporal, maternidade e adopción ou acollemento que afecten o traballador durante o seu período de proba interromperán o cómputo.

Artigo 18º.-Duración dos contratos eventuais por circunstancias da producción.

Durante a vixencia do presente convenio a duración máxima dos contratos eventuais por circuns

tancias da producción que se puidesen celebrar, e o período dentro do cal se poden realizar rexerase polo que para os ditos efectos dispoña o convenio colectivo para a industria siderometalúrxica da Coruña.

Sección segunda

Desenvolvemento e mellora dos recursos humanos

Artigo 19º.-Desenvolvemento e mellora dos recursos humanos.

Conforme o principio de racionalidade e optimización do traballo, a empresa procederá a lles dar ocupación efectiva ós traballadores pendentes de asignación mediante os encadramentos necesarios en cada momento, utilizando para isto as seguintes alternativas:

a) Propoñer, deseñar e realizar plans de formación, orientados a facilitar unha integración adecuada destes traballadores, mediante a potenciación das súas competencias profesionais.

b) Destinalos á cobertura das ausencias temporais que supoñan dereito a reserva-lo posto de traballo (baixas por enfermidade, accidente, licencias, excedencias forzosas, etc.) con base nun maior aproveitamento das instalacións productivas.

c) Asignalos a colaborar en proxectos específicos, sempre que estean en posesión dos coñecementos requiridos en cada caso.

d) Destinalos á realización de actividades que a empresa decidise en cada momento realizar con medios propios.

e) Facilita-la súa ocupación efectiva mediante a súa recolocación definitiva nun posto de traballo do seu departamento ou área e, se isto non for posible, noutros departamentos do mesmo centro ou noutros centros de traballo das empresas do grupo situados na mesma Comunidade Autónoma.

Capítulo VI

Réxime económico

Artigo 20º.-Retribucións.

De conformidade co previsto na disposición transitoria primeira deste convenio colectivo e en tanto non se proceda á adecuación prevista nela, manteranse vixentes as táboas salariais e conceptos retributivos establecidos no presente capítulo, sen perda económica por aplicación da reducción de xornada pactada nel.

Artigo 21º.-Salario base.

O seu valor detállase no anexo I e percibirase por día natural.

Artigo 22º.-Complementos salariais persoais.

a) Antigüidade.

Quedan establecidos de acordo cos importes por trienio para cada categoría profesional, detallados no anexo I, con limitación de ata 8 trienios.

b) Complemento persoal consolidado.

Este concepto retributivo ten carácter ad personam e aboaráselle en 14 pagas a todo o persoal fixo da empresa.

Artigo 23º.-Complementos de postos de traballo.

a) Complemento por traballos tóxicos, penosos e perigosos.

Quedan establecidos de acordo cos importes detallados no anexo I, que fixa os valores para cada categoría, de acordo co número de trienios.

b) Complemento nocturno.

Analogamente ó anterior, os seus importes inclúense no anexo I.

c) Complemento de quendas.

Aboarase na contía establecida no anexo I, por día traballado, a todo o persoal a dúas e tres quendas.

Artigo 24º.-Complemento por calidade ou cantidade de traballo.

a) Complemento de actividade.

Os seus importes recóllense no anexo I. O persoal obreiro devengarao por día de traballo efectivo.

O mínimo garantido polos sistemas de primas que establece a normativa legal vixente está incluído dentro deste concepto.

b) Prima variable.

Manterase o sistema actual para todo o persoal.

c) Complemento xornada de verán.

Todo o persoal administrativo e técnico desfrutará dunha xornada de verán de 4 meses (do 1 de xuño ó 30 de setembro), e a aquel a quen o seu traballo non llo permita por estar afecto a calquera centro ou servicio de producción, aboaráselle 0,8 horas, sen incrementar por cada día de traballo efectivo no período do 1 de xuño ó 30 de setembro (a hora sen incrementar é igual a 1/8 de salario base-día).

d) Compensación económica non parada máquinas.

Os traballos a quendas de mañá, tarde e noite de tódalas seccións vinculadas á producción (taller, mantemento e laboratorio de garantía de calidade), mantendo o actual réxime de 7,5 horas de traballo real e media hora de descanso para o bocadillo, e efectuando os descansos racionalmente, dentro das dúas horas centrais de cada quenda, de forma que non se deteña en ningún momento o proceso productivo, percibirán en compensación, o valor de media hora de domingos e festivos, segundo o anexo I do convenio, por cada día de traballo.

Artigo 25º.-Complementos salariais de vencemento superior ó mes.

a) Pagas extraordinarias de verán e Nadal.

Faranse efectivas, respectivamente, coas nóminas dos meses de xuño e novembro, e comprenderán os seguintes conceptos:

-Salario base (30 días).

-Antigüidade (30 días).

-Complemento persoal consolidado (30 días).

-Complemento de actividde (25 días para persoal obreiro segundo anexo I).

b) Gratificación especial de setembro.

Farase efectiva xunto coa nómina do mes de agosto e o seu importe bruto será para todo o persoal o que se indica no anexo I.

Artigo 26º.-Devengos non salariais.

a) Complemento de transporte.

Consistirá na contía mensual que se indica no anexo I, que se distribuirá entre os días laborais do mes correspondente. Ó persoal en baixa por enfermidade ou accidente aboaráselle igualmente.

b) Complemento de distancia.

Aboarase de acordo coas disposicións legais con valor de pesetas/km que se indica no anexo I, para todo o persoal que teña a súa residencia fóra da capital.

Para o resto do persoal consistirá nunha cantidade por día laborable que se indica no anexo I, revalorizable no 1 de xaneiro de cada ano, de acordo o incremento do IPC do ano anterior.

c) Horas extraordinarias.

Aboaranse de acordo cos valores da táboa recollida no anexo I.

d) Complemento persoal non consolidable.

Aboaráselle a todo o persoal a cantidade fixa que se indica no anexo I por cada mes traballado, non revisables.

Artigo 27º.-Actualización.

Durante os tres anos de vixencia deste convenio a porcentaxe de incremento en táboas sobre os valores do ano anterior será equivalente ó IPC real de cada ano.

Con carácter provisorio, ó comezo de cada ano incrementaranse as táboas salariais en función do incremento previsto oficialmente de IPC para cada ano.

Unha vez finalizado o ano e coñecido oficialmente o resultado definitivo do IPC real, actualizaranse as táboas salariais na medida correspondente, de modo que o valor definitivo de incremento será o IPC real do ano.

Artigo 28º.-Prima de resultados.

En aplicación do establecido no primeiro acordo marco do grupo Aceralia, unha vez finalizado cada ano, durante a vixencia do presente convenio, aboarase unha prima equivalente ó 1% aplicado ás táboas salariais definitivas do ano anterior.

A dita prima terá carácter consolidable.

Capítulo VII

Formación e promoción profesional

Sección primeira

Formación

Artigo 29º.-Formación.

As partes coinciden en recoñecer e valora-la formación como un elemento decisivo, tanto para o desenvolvemento persoal e profesional dos traballadores como para a mellora da competitividade da empresa. Conforme isto manifestan o seu acordo cos seguintes principios:

1. A formación é un dereito e un deber de tódolos traballadores da empresa.

2. A formación na empresa será permanente e realizarase durante todo desenvolvemento da vida laboral, buscando a adecuación das competencias profesonais ás necesidades derivadas do desenvolvemento dos procesos de traballo e a facilita-la adpatación ós cambios tecnolóxicos e organizativos.

3. A formación procurará tanto o aumento cuantitativo e cualitativo dos coñecementos técnicos e das destrezas e habilidades operativas, como o impulso e desenvolvemento de valores e habilidades de xestión que posibiliten a orientación á innovación, á calidade, á mellora continua, á comunicación, ó traballo en equipo, á solución de problemas, á participación e, en xeral, ás formas de organización do traballo e ó grao de desempeño que requiran as novas realidades do medio en que a empresa desenvolve a súa actividade.

4. A formación será programada, sistemática, flexible e deseñada con criterios de anticipación, globalidade e non discriminación.

5. É preocupación de ámbalas partes que a realización das accións formativas se efectúe coa calidade debida; xa que logo, a empresa dedicará o seu esforzo á contratación de expertos, á formación de formadores internos, á dotación de infraestructuras, medios e equipamentos adecuados, e a asegura-la súa eficacia constatando a calidade e o aproveitamento polos traballadores da formación impartida.

6. O seguimento e o aproveitamento da formación son esteos do sistema e poderán servir de base para a promoción profesional dos traballadores, de acordo cos sistemas de clasificación e desenvolvemento que se establezan.

7. A formación desenvolverase prioritariamente dentro do horario normal de traballo. Cando, con carácter excepcional, as circunstancias de tipo organizativo requiran o desenvolvemento da formación fóra da xornada laboral, o traballador que voluntariamente acceda a realizala poderá optar entre desfrutar tempo equivalente de descanso ou a compensación económica correspondente.

8. O diálogo social permanente constitúese como base fundamental do sistema de formación na empresa.

Sección segunda

Promoción

Artigo 30º.-Promoción.

Recoñécese o dereito á promoción dos traballadores, tendo en conta a formación e méritos do traballador, así como as facultades organizativas da empresa, respectando, en todo caso, o principio de non discriminación.

Dado que a nova estructura profesional prevista na disposición transitoria primeira do presente convenio colectivo pode afecta-lo sistema de promoción profesional, manterase vixente o sistema previsto no artigo 8 do convenio colectivo 1997-1999, en tanto no se proceda á adecuación correspondente, se for o caso, no seo da comisión establecida na disposición transitoria primeira.

Capítulo VIII

Seguridade e saúde laboral

Artigo 31º.-Principios xerais.

A dirección e a representación dos traballadores manifestan que a seguranza e a saúde laboral é un obxectivo permanente e prioritario do grupo Aceralia.

O respecto á persoa, o seu dereito a participar e ser formada e informada de todo o referente ás súas condicións de traballo, xunto ó deber de cumprir e respecta-las medidas preventivas constitúen a base das accións en materia preventiva.

A planificación da acción preventiva levada ás fases iniciais dos proxectos, a avaliación inicial e sistemática de riscos inherentes ó traballo, así como a súa actualización periódica, a información e formación dos traballadores, dirixida a un mellor coñecemento do alcance dos riscos como medio de os previr e evitar, constitúen as directrices na prevención dos riscos laborais.

Sendo a seguranza e saúde laboral parámetros de resultados de empresa tan importantes como os de custos, calidade, productividade e servicio ó cliente, cómpre que o desenvolvemento das accións en materia de prevención de riscos laborais sexa responsabilidade de todos, debéndose por tanto integra-la política preventiva en tódolos ámbitos da actividade da empresa e en tódolos seus niveis organizativos.

O desenvolvemento destas accións efectuarase mediante plans de prevención e saúde laboral, en consonancia coa actual lexislación e seguindo os criterios da Lei 31/1995 e normas de desenvolvemento.

As empresas de contratas que deban desenvolve-la súa actividade nas empresas afectadas polo presente acordo deberán cumpri-las disposicións oficiais vixentes, así como a normativa interna que regula este tipo de actividade.

Artigo 32º.-Comité de seguridade e saúde laboral.

O comité de seguridade e saúde é o órgano paritario e colexiado de participación xeral destinado á con

sulta regular e periódica das actuacións da empresa en materia de prevención.

Estará composto polos delegados de prevención e os representantes da dirección en igual número.

Así mesmo, asistirán responsables técnicos do servicio de prevención da empresa, non incluídos na composición paritaria do comité de prevención, actuando, con voz pero sen voto, na asesoría do comité de seguridade e saúde.

Igualmente poderán participar no comité de seguridade e saúde laboral, con voz pero sen voto, outros delegados de persoal, así como traballadores da empresa con especial cualificación ou información respecto a cuestións concretas ou algún experto externo aínda que non sexa membro dos servicios de prevención, sempre que o solicite algunha das representacións do comité de seguridade e saúde laboral.

A consulta, participación e representación dos traballadores neste comité de seguridade e saúde laboral, realizarase conforme o establecido no capítulo 5 da Lei 31/1995.

Artigo 33º.-Plan de prevención e saúde laboral.

As directrices e accións encamiñadas a mellora-los niveis de protección existentes efectuaranse mediante o Plan de prevención e saúde laboral, o cal será elaborado coa participación dos representantes dos traballadores.

As accións reflectidas no Plan de seguridade e saúde laboral desenvolveranse no marco das seguintes liñas:

-Análise e avaliación de riscos.

-Vixilancia da saúde.

-Asesoramento técnico.

-Estudio e investigación.

-Formación.

-Promoción e divulgación.

O seguimento e control das accións preventivas realizarase no seo dos comités de seguridade e saúde laboral.

O servicio de prevención asistirá e asesorará o comité de seguridade e saúde laboral, facilitando información sobre o seguimento das accións preventivas establecidas no Plan de seguranza e saúde laboral, colaborando na adopción de medidas encamiñadas a corrixi-las desviacións que se poidan producir durante o desenvolvemento do Plan de seguranza e saúde laboral.

A dirección aplicará as medidas de seguimento e control establecidas no Plan de prevención e saúde laboral, segundo a información fornecida pola liña de mando, servicio de prevención e delegados de prevención. A integración das accións preventivas en tódalas actividades debe facilita-lo seguimento

e control do Plan de seguranza e saúde laboral, debéndose adopta-las medidas adecuadas para corrixi-las desviacións apreciadas.

A responsabilidade da planificación e xestión das accións encamiñadas a mellora-los niveis de protección existentes deben estar integradas en tódolos niveis da empresa. É responsabilidade da dirección cumprir e facer cumpri-las obrigas establecidas na normativa sobre prevención de riscos laborais.

O dereito dos traballadores da empresa a unha protección eficaz supón a existencia dun correlativo deber de cumpri-las medidas de prevención adoptadas, usar debidamente os equipos de traballo e medios cos que desenvolve a súa actividade, utilizar correctamente os equipos de protección facilitados pola empresa e informar de inmediato o seu superior xerárquico directo de calquera situación de risco.

Artigo 34º.-Formación.

En cumprimento do deber de protección, a empresa garante que tódolos seus traballadores recibirán unha formación teórica e práctica, suficiente e adecuada en materia preventiva. Esta desenvolverase tanto no momento da súa contratación, calquera que sexa a modalidade ou duración, como cando se produzan cambios nas funcións que desempeñan ou se introduzan novas tecnoloxías ou cambios nos equipos de traballo, con especial atención á reciclaxe en materia preventiva para traslados ou situacións de especial risco.

Tódolos programas de formación realizados na empresa sobre distintas prácticas operativas, tecnoloxías de procesos, etc., incluirán inescusablemente a acción formativa en materia de prevención.

A formación en materia de seguranza e saúde laboral para os delegados de prevención atenderá os aspectos que resulten necesarios para o mellor desenvolvemento do desempeño das súas funcións.

Capítulo IX

Ambiente

Artigo 35º.-Ambiente.

A crecente preocupación polo estado do ambiente no ámbito de Aceralia leva as partes asinantes a plasmaren no presente acordo o seu compromiso pola mellora continuada do comportamento ambiental na empresa.

Para tal fin impulsaranse as accións precisas para consegui-los seguintes obxectivos:

-Concreta-las medidas necesarias para conservar e mellora-lo ambiente.

-Garanti-lo emprego de técnicas de boa xestión ambiental, integrada en tódolos niveis da empresa.

-Alcanzar un bo comportamento ambiental, tanto individual como colectivamente.

Capítulo X

Procedemento de solución extraxudicial

de conflictos

Sección primeira

Procedemento de solución extraxudicial

de conflictos

Artigo 36º

No anexo II recóllese o procedemento de solución extraxudicial de conflictos establecido no primeiro acordo marco do grupo Aceralia.

Sección segunda

Servicios necesarios en caso de folga

Artigo 37º.-Servicios necesarios en caso de folga.

Ámbalas partes recoñecen o dereito básico dos traballores á folga para a defensa dos seus intereses nos termos legalmente establecidos.

A designación dos servicios necesarios será establecida pola dirección da empresa e a representación dos traballadores, garantindo, en todo caso, a prestación dos servicios necesarios para a seguranza das persoas e as cousas, mantemento dos locais, maquinaria, instalacións, materias primas e aqueloutras que fosen precisas para a ulterior continuación das tarefas da empresa, de conformidade coas lexislación vixente.

Capítulo XI

Previsión social

Artigo 38º.-Premio de seguranza.

O obxectivo deste premio é interesar a tódalas persoas da empresa na súa propia seguranza e na dos demais por medio dun incentivo económico que premie o esforzo realizado en función da reducción de accidentes.

Tipos e contía de premios e persoal afectado:

Establécense dous tipos de premios:

a) Os premios de seguranza terán os valores seguintes para ciclos de 90 días sen accidentes.

Primeiros 30 días sen accidentes: 2.000 pesetas.

Ata 60 días sen accidentes: 3.000 pesetas adicionais.

Ata 90 días sen accidentes: 3.500 pesetas adicionais.

Aplicable a todo o persoal de fabricación, mantemento e almacén de productos terminados, e para o almacén xeral de subministracións, laboratorio, servicios de limpeza e traballos auxiliares, 4.000 pesetas no terceiro período.

O resto do persoal 3.000 pesetas, se no transcurso de 365 días non tivo accidentes.

Ocorrido un accidente, comezarase a conta a cero por comezo do ciclo.

Alcanzado o número de 90 días sen accidentes fixado, iniciarase de novo a conta a cero dentro dun novo ciclo.

b) Establecerase un premio anual de 3.000 pesetas, ó cal terá dereito todo o persoal da empresa, a excepción daqueles que causasen baixa por accidente ou que fosen amoestados por escrito ou sancionados en razón de infraccións cometidas contra a seguridade no traballo.

Observacións:

Os días sen accidentes contaranse por días con vencemento ás 6 da mañá e entre a data de ocorrido o accidente, aínda que no momento non fose baixa.

Non se computarán os accidentes in itinere nin as recaídas.

O persoal con dereito a premio e que por algunha circunstancia non asistise ó traballo, cobrará a parte proporcional ó período de permanencia.

Artigo 39º.-Premios de nupcialidade e natalidade.

Aboaranse 20.000 pesetas por casamento e 10.000 pesetas por cada fillo que acabe de nacer.

Artigo 40º.-Axudas especiais.

Emesa Trefilería, S.A. aboaralle a cada traballador a cantidade de 25.000 pesetas mensuais por cada fillo diminuído psíquico ou físico que estea legalmente recoñecido ou vivindo ó seu cargo.

Artigo 41º.-Comedor.

O valor do prato que se lle aboará ó establecemento co que se contrate o servicio repartirase entre o 20% con cargo ó traballador e o 80% con cargo á empresa, sendo de aplicación exclusivamente ó persoal con xornada partida, coas excepcións que poida face-lo xefe de producción e o taller.

Artigo 42º.-Préstamos.

Mantense a asignación de ata 2.040.000 pesetas para a concesión de préstamos ó persoal, reintegrables sen xuros. Estes préstamos concederanse, xustificando a súa necesidade, por proposta do comité de empresa, nunha contía máxima de ata 150.000 pesetas por productor e a súa amortización será dun máximo de 24 mensualidades.

Artigo 43º.-Fondos de atencións sociais.

Establécese un fondo económico destinado a facer fronte a determinadas atencións sociais, tales com axudas extradordinarias, etc. que se nutrirá de 317.250 pesetas anuais que achegará a empresa a fondo perdido.

O comité de empresa xestionará este fondo, dentro dos límites que permitan estrictamente os seus ingresos, logo de presentación á dirección do correspondente orzamento periódico, para a súa aprobación.

As bolsas de estudios medios e superiores serán sufragadas pola empresa na contía de 408.000 pesetas anuais e concedidas por unha representación mixta, e conforme o novo regulamento confeccionado pola dirección e o comité. Para os cursos por corres

pondencia outorgarase unha cantidade de 76.500 pesetas, podendo aplicarse tamén no caso de asistencia directa do traballador.

Artigo 44º.-Incapacidade con baixa por accidente e enfermidade.

a) Por accidente laboral.

A empresa aboaralles ós traballadores en situación de IT, por accidente laboral, desde o día seguinte á data da baixa, a diferencia entre o 75% da base reguladora que perciba da Seguridade Social ou mutua que cubra o seguro de accidentes e o 100% da remuneración bruta do mes anterior á data da baixa.

b) Por enfermidade.

A empresa aboaralles ós traballadores en situación de IT, por enfermidade:

Os 20 primeiros días de enfermidade, contados desde o día da data da baixa, a diferencia entre o 60% da base reguladora que perciba da Seguridade Social e o 80% da remuneración bruta do mes anterior á data da baixa.

A partir do día 21 do proceso de enfermidade, a diferencia entre o 75% da base reguladora que perciba da Seguridade Social e o 100% da remuneración bruta do mes anterior á data da baixa.

En caso de enfermidade grave con internamento no centro sanitario, a empresa aboará, desde o día da data da baixa, a diferencia ata o 100% da remuneración bruta do mes anterior á data da baixa.

Artigo 45º.-Seguro colectivo.

Cobre o pagamento dun capital que se lle satisfará ó persoal en activo ou ós seus beneficiarios no momento de cesar na empresa como consecuencia da súa morte ou por térselle recoñecido unha incapacidade permanente total ou absoluta, tal como se determina na póliza subscrita para o efecto.

2. Causantes.

Todo o persoal en activo.

3. Beneficiarios

A designación dos beneficiarios será da exclusiva potestade do persoal e poderá ser modificada cando este o exprese formalmente. Se por calquera circunstancia, no momento do falecemento non fose designado ningún, os beneficiarios seguirán a seguinte orde de preferencia: cónxuxe, fillos, pais e irmáns, de acordo co que para cada caso determine a lexislación oficial.

4. Capitais asegurados.

Caso de morte: establécese unha prestación consistente en 750.000 ptas. en caso de morte natural e dobre capital en caso de accidente.

Casos de incapacidade permanente total e absoluta: o capital asegurado é dunha anualidade bruta.

5. Revisión.

No suposto de se producir unha revisión da incapacidade polos órganos competentes, revogándose

e recuperando a capacidade laboral, a empresa comprométese á súa readmisión nun posto acorde coas súas aptitudes. Neste caso, o traballador deberá reintegra-la indemnización percibida segundo a seguinte escala:

Data de reincorporaciónImporte devolución

Antes de cumprir un ano desde a data do cesamentoA totalidade do capital

Cumprido un ano desde a data do cesamento e antes de cumprir dousTres cuartas partes do capital

Cumpridos dous anos desde a data do cesamento e antes de cumprir tresA metade do capital

Cumpridos tres anos desde a data do cesamento e antes de cumprir catroUnha cuarta parte do capital

Cumpridos catro anos desde a data

do cesamento

Non debe reintegrar cantidade ningunha

O ofrecemento de readmisión será feito pola empresa por unha única vez e no momento en que se produza a revisión da incapacidade permanente.

Unha vez feita efectiva a readmisión, garánteselle ó traballador a retribución do grao de cualificación que tivese cando causou baixa por incapacidade permanente.

6. Prima.

A empresa achegará o total da prima deste seguro.

Artigo 46º.-Seguro de accidentes.

A empresa subscribirá unha póliza colectiva de seguro de accidentes que cubra os riscos de falecemento ou incapacidade permanente toal ou absoluta cunha cobertura individual de 1.750.000 pesetas.

Capítulo XII

Representación colectiva

Artigo 47º.-Órgano de representatividade.

O comité de empresa, como órgano representativo unitario dos traballadores da empresa, ten como fundamental función a defensa dos intereses dos seus representados, así como a negociación e representación dos traballadores ante a empresa.

En toda negociación poderán estar asistidos polos seus asesores laborais e sindicais.

Artigo 48º.-Asembleas.

Aplicarase o establecido no artigo 77 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 49º.-Garantías dos representantes dos traballadores.

Os representantes dos traballadores, membros do comité de empresa, terán dereito a utilizar un máximo de 32 horas mensuais por cada un deles, remuneradas a salario real, para actividades sindicais de toda índole. Estas horas poden ser acumuladas duns para outros.

Terán os seguintes dereitos:

a) Utilizar un taboleiro de anuncios ou os da propia empresa para inserir todo tipo de anuncios de carácter exclusivamente laboral ou sindical.

b) A que lles sexan facilitados locais de reunión.

c) A empresa descontaralle a cada traballador afiliado sindicalmente as cotas mensuais ós distintos sindicatos, segundo listas formadas e entregadas polos representantes dos traballadores.

Seccións sindicais.

En Emesa Trefilería, S.A. quedan recoñecidas as seccións sindicais que, como mínimo, teñan un 10% do cadro de persoal fixo da empresa afiliada a un sindicato.

Ós delegados deles recoñeceránselle-las garantías que se lles atribúen ós representantes dos traballadores, e poden utilizar ata un máximo de 15 horas ó mes para o exercicio da súa actividade sindical, retribuídas a salario real.

Capítulo XIII

Código de conducta

Artigo 50º.-Código de conducta.

Os supostos de incumprimento das obrigas dos traballadores regularanse de acordo co establecido no denominado código de conducta, que se incorpora no anexo III.

Capítulo XIV

Comisión de información e seguimento

Artigo 51º.-Comisión de información e seguimento.

Designarase unha comisión paritaria, que estará integrada por representantes de cada unha das partes asinantes deste convenio colectivo. Serán competencias desta comisión:

-Coñecer cantas cuestións atinxan a interpretación ou aplicación do presente convenio colectivo, así como do seguimento do seu cumprimento.

-Intervir na resolución de conflictos, segundo o previsto no anexo II, sobre procedemento de solución extraxudicial de conflictos.

A comisión será constituída no termo de quince días desde a publicación oficial do convenio.

Celebrará con carácter ordinario unha reunión anual e con carácter extraordinario cando o solicite algunha das partes, así como as que sexan precisas de conformidade co previsto no anexo II sobre procedemento de solución extraxudicial de conflictos.

A adopción dos acordos requirirá o voto favorable da maioría de cada unha das dúas representacións e os ditos acordos quedarán reflectidos en actas.

Disposición transitoria

Primeira.-A estructura profesional e salarial existentes ata a data, así como o sistema de cobertura de vacantes e postos de nova creación establecido no artigo 8 do anterior convenio colectivo manteranse en vigor ata o 31 de decembro de 2000. A partir desta data será de aplicación a nova estructura profesional e salarial, conforme o previsto na disposición transitoria primeira do primeiro acordo marco

do grupo Aceralia, do 31 de maio de 2000, que establece o seguinte:

1. A comisión negociadora do presente acordo designará unha comisión para que no seu nome e representación proceda no prazo de ata 31 de decembro de 2000 a adecua-los actuais catálogos de postos de traballo ás necesidades presentes e futuras da organización, identificando as competencias necesarias para cubri-las actividades chave da organización, a partir dos requirimentos da estratexia industrial e da configuración dos procesos chave.

A estructura profesional centrarase no desenvolvemento da profesión, procurando unha maior polivalencia dentro dela, estructurada en competencias, de tal forma que permita un desenvolvemento continuo das persoas, segundo a evolución das liñas da estratexia industrial de cada unha das áreas de negocio.

2. A comisión establecida no número anterior no prazo de ata 31 de decembro de 2000 establecerá un modelo retributivo, asociado á nova estructura profesional, o deseño do cal establecerá valores retributivos acordes cos distintos niveis profesionais definidos na estructura profesional, que reflictan adecuada e proporcionalmente os distintos niveis de contribución ós resultados da empresa.

3. Sen prexuízo dos criterios de aplicación xeral establecidos nos números 1 e 2, esta comisión establecerá os criterios de aplicación e desenvolvemento temporal deles nas distintas empresas, respectando os requirimentos de competitividade específicos de cada centro de traballo.

4. Os deslizamentos que, se for o caso, se puidesen derivar da aplicación da nova estructura profesional e salarial financiaranse con cargo a un fondo de compensación para homologación entre as distintas empresas incluídas no ámbito de aplicación do presente acordo, ó que achegará a empresa para cada un dos anos de vixencia do presente acordo o 0,8% das masas salariais brutas sen horas extras das empresas incluídas neste acordo.

Os acordos desta comisión terán a eficacia xurídica e tramitación dos convenios colectivos regulados no Estatuto dos traballadores.

Disposicións adicionais

Primeira.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente.

Segunda.-Compensacións e absorcións.

As condicións económicas e sociais do presente convenio colectivo serán consideradas ou comparadas, global, conxunta e anualmente e non por conceptos illados, polo que absorberán ou compensarán calquera condición económica particular que poida ser establecida ou que no futuro se estableza, mesmo por disposición legal, regulamentaria ou pactada,

en termos que se poidan considerar illadamente máis beneficiosos en relación coa regulación establecida no ámbito deste convenio.

Terceira.-Plan de suxestións recollido no primeiro acordo marco do grupo Aceralia, que establece o seguinte:

Establécese a posta en marcha dun plan de suxestións nas empresas incluídas no ámbito do acordo.

Os aforros de custos netos derivados da implantación das melloras xeradas pola aplicación do plan destínanse do xeito seguinte:

-Ata o 20% deste aforro, cos límites que se establezan, será destinado ó traballador ou traballadores que fixesen a suxestión.

-Outro 20% achegarase a un fondo de xestión compartida entre a representación da empresa e a dos traballadores.

Para estes efectos constituirase unha comisión paritaria, que estará integrada, polo que á representación dos traballadores se refire, polos asinantes deste acordo.

O fondo será destinado ós fins que a comisión decida, a cal determinará os seus criterios de distribución.

Por petición da representación dos traballadores, acórdase unha achega da empresa a este fondo, en concepto de anticipo á conta, de 100 millóns de pesetas. Esta achega recuperarase conforme se vaian incorporando ó fondo os beneficios xerados pola aplicación do plan se suxestións.

A comisión reunirase coa periodicidade que esta decida.

Disposición derrogatoria

Este convenio derroga as normas anteriores sobre as mesmas materias contidas en pactos, acordos e convenios colectivos dentro do seu ámbito funcional e xeográfico.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Articulación da negociación.

A estructura da negociación colectiva no ámbito do presente convenio responde ó principio de articulación entre este nivel e o xeral do primeiro acordo marco do grupo Aceralia, de conformidade co establecido nel.

Segunda.-Relevo e xubilación parcial.

Co obxecto de favorece-la substitución xeracional e a harmonización dos novos coñecementos coas experiencias adquiridas, a empresa, dentro das súas posibilidades, ofertará contratos de substitucón a traballadores desempregados, para cubri-la reducción de xornada acordada con traballadores con ciencuenta e cinco ou máis anos no ano 2000 e que actualmente desempeñen as súas funcións en postos directamente ligados a procesos de producción ou man

temento e que cumpran ós sesenta anos as condicións establecidas para acceder á xubilación parcial, sen prexuízo de que en función das necesidades, se puidese amplia-la aplicación destas medidas, de conformidade co previsto no artigo 12 do Estatuto dos traballadores, no Real decreto lei 15/1998, do 27 de novembro, e no Real decreto 144/1999, do 29 de xaneiro, polo que se desenvolve o anterior en materia de acción protectora da Seguridade Social.

Terceira.-Adecuación do tempo de traballo: conversión do contrato.

Co obxecto de favorece-la harmonización da prestación do traballo coas necesidades persoais ou familiares dos traballadores, mediante unha adecuación da xornada de traballo a nivel individual, a empresa estudiará a posibilidade de lle ofertar ó persoal da área de estructura a conversión dos seus contratos a tempo completo en contratos a tempo parcial. A conversión do contrato será ofrecida libremente pola empresa e terá carácter voluntario para o traballador.

Cuarta.-Dereito supletorio.

No non previsto neste convenio, aplicarase como dereito supletorio o disposto no Estatuto dos traballadores, acordos do sector e demais disposicións legais vixentes.

Igualmente, canto ó persoal fóra de convenio, no non previsto no seu contrato individual aplicarase como dereito supletorio o regulado no presente convenio en materia de clasificación profesional e código de conducta.

ANEXO I

Retribucións

Táboas provisionais ano 2000

Salario base e plus de actividade

Táboa I

S. B.

Táboa II

P.A.

Persoal obreiro
Xefe equipo oficiais3.1481.018
Oficial 1ª homologado3.1481.018
Oficial 1ª3.1481.018
Oficial 2ª3.1161.008
Oficial 3ª3.072989
Xefe equipo especialistas3.1481.018
Especialista A3.1481.018
Especialista B3.1161.008
Especialista C3.072989
Especialista3.062976

Subalterno
Almaceneiro91.53029.305
Chofer camión93.62731.713

Administrativos
Xefe de administración131.51362.237
Xefe de 1ª111.68148.630
Xefe de 2ª101.87741.811
Oficial de 1ª97.62035.396
Oficial de 2ª95.18733.215
Auxiliar90.41827.723

Técnicos titulados
Enxeñeiros e licenciados131.51362.237
Técnico comercial127.91656.214
Perito ou enxeñeiro técnico111.68148.630
Axudante técnico sanitario105.03141.027
Maquinista111.68148.630

Táboa I

S. B.

Táboa II

P.A.

Técnicos de taller
Xefe de taller104.08840.724
Xefe de quenda ou sector103.98839.836
Mestre de taller97.62035.393
Encargado94.54832.603

Técnicos de oficina e laboratorio
Analista de 1ª97.62035.393
Analista de 2ª94.96233.110
Auxiliar de laboratorio90.41827.723

Técnicos non titulados
Axudante de enxeñeiro108.66342.871
Xefe de organización de 1ª103.91938.808
Xefe de organización de 2ª101.49238.606
Técnico de organización de 1ª97.62035.393

Antigüidade

Tabóa III

Trienios

Persoal obreiro
Xefe equipo oficiais72,54
Oficial 1ª homologado72,54
Oficial 1ª72,54
Oficial 2ª71,12
Oficial 3ª70,46
Xefe equipo especialistas72,54
Especialista A72,54
Especialista B71,12
Especialista C70,46
Especialista70,46

Subalterno
Almaceneiro2.074,81
Chofer camión2.170,82

Administrativos
Xefe de administración3.099,35
Xefe de 1ª2.594,26
Xefe de 2ª2.308,54
Oficial de 1ª2.261,99
Oficial de 2ª2.200,73
Auxiliar2.126,42

Técnicos titulados
Enxeñeiros e licenciados3.061,97
Técnico comercial2.989,31
Perito ou enxeñeiro técnico2.594,15
Axudante técnico sanitario2.445,98
Maquinista2.594,15

Técnicos de taller
Xefe de taller2.410,59
Xefe de quenda ou sector2.410,59
Mestre de taller2.262,87
Encargado2.190,76

Técnicos de oficina e laboratorio
Analista de 1ª2.262,87
Analista de 2ª2.199,29
Auxiliar de laboratorio2.126,42

Técnicos non titulados
Axudante de enxeñeiro2.520,83
Xefe de organización de 1ª2.412,24
Xefe de organización de 2ª2.351,63
Técnico de organización de 1ª2.262,87

Táboa IV

Valor día

natural

Complemento xefe de equipo oficiais270
Complemento xefe de equipo especialistas270
Complemento oficiais 1ª homologado135
Complemento encargado114

Táboa V

Valor día

complemento nocturno

Xefe de quenda584
Xefe quenda oficiais576
Oficial 1ª homologado576
Oficial 1ª576

Valor día

complemento nocturno

Oficial 2ª567
Oficial 3ª561
Especialista A576
Especialista B567
Especialista C561
Especialista557
Encargado584
Xefe de quenda de especialistas576
Almaceneiro565
Chofer576
Mestro de taller584
Analista de 1ª576
Analista de 2ª567
Auxiliar de laboratorio561

Conceptos independentes da categoría

Complemento festivo cuarta quenda4.370 pesetas/día

Complemento sábado cuarta quenda4.870 pesetas/día

Complemento domingo cuarta quenda4.370pesetas/día

Complemento día cuarta quenda384 pesetas/día

Complemento de quendas190 pesetas/día

Gratificación especial setembro28.767 pesetas/mes

Complemento transporte6.932 pesetas/mes

Complemento de distancia137 pesetas/día

Complemento pers. non revisable2.500 pesetas/día

Valores día, complemento penosidade,

toxicidade ou perigosidade

S/trienio

Xefe equipo oficiais303,43
Oficial 1ª homologado303,38
Oficial 1ª303,38
Oficial 2ª299,23
Oficial 3ª294,48
Xefe equipo especialistas303,43
Especialista294,48
Xefe de taller337,82
Xefe de quenda337,82
Mestre de taller317,03
Encargados306,09
Especialista A303,38
Especialista B299,23
Especialista C294,48
Xefe 1ª administración337,82
Ax. enxeñeiro337,82
Maquinista337,82
Analista de 1ª303,43
Analista de 2ª299,23
Almaceneiro294,48
Chofer294,48

Este importe de valor día incrementarase en 7,5% por cada trienio ata un máximo de 8 trienios.

Táboa VII

Horas extraordinarias

Días

laborables

Domingos

e festivos

Xefe de equipo oficiais1.2771.684
Oficial 1ª homologado1.1561.543
Oficial 1ª1.1561.543
Oficial 2ª1.0401.391
Oficial 3ª9261.226
Xefe equipo especialistas1.2771.684
Especialista A1.1561.543
Especialista B1.0401.391
Especialista C9261.226
Especialista8081.072
Almaceneiro8081.072
Chofer camión1.1511.543
Oficial 1ª admin.1.1511.543

Días

laborables

Domingos

e festivos

Oficial 2ª admin.1.0401.391
Auxiliar admin.8081.072
Xefe quenda/sector1.2771.684
Mestre taller1.2771.684
Encargado1.2771.684
Técnico organización 1ª1.1511.543
Analista 1ª1.1511.543
Analista 2ª1.0401.391
Auxiliar laboratorio8081.072

ANEXO II

Procedemento de solución extraxudicial de conflictos do primeiro acordo marco do grupo Aceralia

Procedemento de solución extraxudicial de conflictos.

As partes coinciden en recoñece-los efectos favorables de impulsa-la negociación e o diálogo permanente entre elas, especialmente como canles para chegar a unha solución acordada dos conflictos laborais que poidan xurdir no seo da empresa.

En consecuencia, ámbalas partes consideran conveniente dotarse das canles de negociación e procedementos de conciliación e arbitraxe necesarios, que garantan unha solución acordada no seo da empresa de todos aqueles conflictos que xurdan nela. Para tal efecto, establécese o seguinte procedemento:

Os conflictos de traballo colectivos que durante a vixencia do presente acordo se poidan suscitar serán tramitados obrigatoriamente a través dos seguintes procedementos:

1. Adhesión ó acordo sobre solución extraxudicial de conflictos laborais (ASEC, BOE do 8-2-1996).

As partes adhírense ó acordo sobre solución extraxudicial de conflictos laborais (en diante ASEC), así como ó seu regulamento de aplicación, e someteranse ós seus procedementos obrigatoriamente os tipos de conflictos de traballo colectivos previstos no artigo 4º do acordo e 5º do seu regulamento de aplicación que se susciten, cando o conflicto atinxa varios centros de traballo establecidos en diferentes comunidades autónomas.

Así mesmo, someteranse ós procedementos do ASEC os conflictos colectivos de interpretación e aplicación do presente acordo.

2. Solución extraxudicial de conflictos laborais noutros ámbitos.

Os conflictos de traballo colectivos indicados no punto anterior que se susciten en ámbito non superior a unha Comunidade Autónoma quedarán sometidos obrigatoriamente ó procedemento de solución extraxudicial de conflictos propio do dito ámbito territorial, salvo que este non dispoña dun sistema específico; neste caso someteranse obrigatoriamente ó procedemento que establece este acordo, que é o previsto nos artigos de 6 a 11 do ASEC e de 6 a 23 do seu regulamento de aplicación.

Co fin de equipara-los procedementos acordados no ámbito deste acordo, as partes acordan expresamente aplicar con carácter supletorio as disposicións do ASEC e do seu regulamento, para o non previsto nos distintos ámbitos de aplicación.

3. Normas comúns.

3.1. Comisión paritaria.

A promoción dun conflicto colectivo de interpretación e aplicación deste acordo requirirá a submisión previa do conflicto ante a comisión paritaria establecida no artigo 30º.

Así mesmo, as comisións paritarias que se constitúan nos convenios que se poidan pactar nos distintos centros de traballo asumirán esta mesma competencia dentro dos seus respectivos ámbitos.

O conflicto colectivo formalizarase por escrito ante a comisión paritaria, que resolverá o conflicto mediante decisión adoptada por acordo da maioría de cada unha das partes que a compoñen. Esta decisión producirá os efectos dun convenio colectivo.

No caso de imposibilidade de que a comisión paritaria chegue ó dito acordo, e, en todo caso, se transcorreren seis días hábiles desde a formalización do conflicto sen que a solución se produza, a comisión paritaria levantará acta, da cal facilitará copia ós interesados, e dará traslado dela ó mediador, xunto con toda a información ó respecto de que dipoña, nun prazo máximo de vintecatro horas.

3.2. Efectos da tramitación.

A iniciación destes procedementos desde a súa promoción ante as comisións paritarias correspondentes impedirá a convocatoria de folgas, feche patronal, así como o exercicio de accións xudiciais ou administrativas ou calquera outra dirixida á solución do conflicto polo motivo ou causa do procedemento, en tanto este dure.

Consulta ó SIMA.

A disposición transitoria segunda do primeiro acordo marco do grupo Aceralia establece o seguinte:

«Rexistro de mediadores e árbitros:

As partes que asinan este acordo efectuarán unha consulta ó Servicio Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA) sobre a posibilidade de utiliza-lo rexistro de mediadores e árbitros do dito servicio, para efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 27.2º deste acordo sobre solución extraxudicial de conflictos laborais noutros ámbitos. No caso de a consulta ser contestada en sentido negativo, as partes procederán á designación do seu propio rexistro para os efectos indicados antes».

ANEXO III

Código de conducta

Acordo sobre o código de conducta laboral para o sector do metal.

Artigo 1º.-Principios ordenadores.

Este acordo sobre código de conducta laboral ten por obxecto o mantemento dun ambiente laboral res

pectuoso coa normal convivencia, ordenación técnica e organización da empresa, así como a garantía e defensa dos dereitos e lexítimos intereses de traballadores e empresarios.

A dirección da empresa poderá sanciona-las accións ou omisións culpables dos traballadores/as que supoñan un incumprimento contractual dos seus deberes laborais, de acordo coa graduación das faltas que se establece nos artigos seguintes.

Correspóndelle á empresa en uso da facultade de dirección impor sancións nos termos estipulados neste acordo.

A sanción das faltas requirirá comunicación por escrito ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que a motivaron.

A empresa daralles conta ós representantes legais dos traballadores de toda sanción por falta grave e moi grave que se impoña.

Imposta a sanción, o cumprimento temporal dela poderase dilatar ata 60 días despois da data en que se impuxo.

Artigo 2º.-Graduación das faltas.

Toda falta cometida polos traballadores/as clasificarase en atención á súa transcendencia ou intención en: leve, grave ou moi grave.

Artigo 3º.-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo de ata tres ocasións nun período dun mes.

b) A inasistencia inxustificada dun día ó traballo no período dun mes.

c) Non notificar con carácter previo ou, noutro caso, dentro das 24 horas seguintes, a inasistencia ó traballo, salvo que se probe que foi imposible facelo.

d) O abandono do servicio ou do posto de traballo sen causa xustificada por períodos breves de tempo se, como consecuencia diso, se ocasionase prexuízo dalgunha consideración nas persoas ou nas cousas.

e) As deterioracións leves na conservación ou no mantemento dos equipamentos e material de traballo dos que se fose responsable.

f) A desatención ou falta de corrección no trato cos clientes ou provedores da empresa.

g) Non lle comunicar á empresa os cambios de residencia ou domicilio, sempre que estes poidan ocasionar algún tipo de conflicto ou prexuízo ós seus compañeiros ou á empresa.

h) Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia do traballador/a que teñan incidencia na Seguridade Social ou na Administración tributaria.

i) Todas aquelas faltas que supoñan incumprimento de prescricións, ordes ou mandados dun superior no exercicio regular das súas funcións, que non

impliquen prexuízos ou riscos para as persoas ou as cousas.

j) A inasistencia ós cursos de formación teórica ou práctica dentro da xornada ordinaria de traballo sen a debida xustificación.

k) Discutir cos compañeiros/as, cos clientes ou provedores dentro da xornada de traballo.

Artigo 4º.-Faltas graves.

Considéranse faltas graves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en máis de tres ocasións no período dun mes.

b) A inasistencia non xustificada ó traballo de dous a catro días, durante o período dun mes. Abondará unha única falta ó traballo cando esta afecte o revezamento dun compañeiro/a ou se, como consecuencia da inasistencia, se ocasionase prexuízo dalgunha consideración á empresa.

c) O falseamento ou omisión maliciosa dos datos que tivesen incidencia tributaria ou na Seguridade Social.

d) Entregarse a xogos e distraccións de calquera índole durante a xornada de traballo de maneira reiterada e causando con iso un prexuízo ó desenvolvemento laboral.

e) A desobediencia ás ordes ou mandados das persoas de quen se depende organicamente no exercicio regular das súas funcións, sempre que isto ocasione ou teña unha transcendencia grave para as persoas ou as cousas.

f) A falta de aseo e limpeza persoal que produza queixas xustificadas dos compañeiros de traballo e sempre que previamente mediase a oportuna advertencia por parte da empresa.

g) Suplantar outro traballador/a alterando os rexistros e controis de entrada ou saída do traballo.

h) A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a súa boa marcha, sempre que disto non derive prexuízo grave para as persoas ou as cousas.

i) A realización sen consentimento previo da empresa de traballos particulares durante a xornada de traballo, así como o emprego para usos propios ou alleos dos útiles, ferramentas, maquinaria ou vehículos da empresa, mesmo fóra da xornada de traballo.

j) A reincidencia na comisión de falta leve (excluída a falta de puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e mediando sanción.

k) Calquera atentado contra a liberdade sexual dos traballadores/as que se manifeste en ofensas verbais ou físicas, falta de respecto á intimidade ou a dignidade das persoas.

Artigo 5º.-Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves as seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en máis de dez ocasións

durante o período dun mes, ou ben máis de vinte nun ano.

b) A inasistencia ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto ós seus compañeiros/as de traballo como á empresa ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa, ou durante o traballo en calquera outro lugar.

d) A simulación de enfermidade ou accidente. Entenderase que existe infracción laboral cando, encontrándose en baixa o traballador/a por calquera das causas sinaladas, realice traballos de calquera índole por conta propia ou allea. Tamén terá a consideración de falta moi grave toda manipulación efectuada para prolonga-la baixa por accidente ou enfermidade.

e) O abandono do servicio ou posto de traballo sen causa xustificada aínda por breve tempo, se a consecuencia del se ocasionase un prexuízo considerable á empresa ou ós compañeiros de traballo, puxese en perigo a seguranza ou fose causa de accidente.

f) A embriaguez ou o estado derivado do consumo de drogas, se supón alteración nas facultades físicas ou psicolóxicas no desempeño das funcións.

g) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada confidencialidade da empresa.

h) A realización de actividades que impliquen competencia desleal coa empresa.

i) A diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo normal ou pactado.

j) Os malos tratos de palabra ou obra, a falta de respecto e consideración ós seus superiores ou ós familiares destes, así como ós seus compañeiros/as de traballo, provedores e clientes da empresa.

k) A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que as faltas se cometan no período de dous meses e fosen obxecto de sanción.

l) A desobediencia ás ordes ou mandados dos seus superiores en calquera materia de traballo, se implicase prexuízo notorio para a empresa ou os seus compañeiros/as de traballo, salvo que sexan debidos ó abuso de autoridade. Terán a consideración de abuso de autoridade os actos realizados por directivos, xefes ou mandos intermedios, con infracción manifesta e deliberada dos preceptos legais e con prexuízo para o traballador/a.

m) Os atentados contra a liberdade sexual que se produzan aproveitándose dunha posición de superioridade laboral ou se exerzan sobre persoas especialmente vulnerables pola súa situación persoal ou laboral.

Artigo 6º.-Sancións.

As sancións máximas que se poderán impor pola comisión das faltas sinaladas son as seguintes:

a) Por faltas leves.

-Amoestación por escrito.

b) Por faltas graves.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de dous a vinte días.

c) Por faltas moi graves.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo de vinteún a sesenta días.

-Despedimento.

Artigo 7º.-Prescrición.

Dependendo da súa graduación, as faltas prescriben ós seguintes días:

Faltas leves: dez días.

Faltas graves: vinte días.

Faltas moi graves: sesenta días.

A prescrición das faltas sinaladas comezará a contar a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de terse cometido.

Os ditos prazos quedarán interrompidos por calquera acto propio do expediente instruído ou preliminar que se poida instruír, se é o caso, sempre que a duración deste, no seu conxunto, non supere o prazo de seis meses, sen mediar culpa do traballador expedientado.

Artigo 8º.-Procedemento sancionador.

1. Para a corrección disciplinaria de faltas graves e moi graves cumprirá a instrucción dun expediente informativo no que será oído o traballador afectado. Neste expediente pedirase informe da representación legal dos traballadores, concedéndose para a súa emisión un prazo de cinco días naturais, sendo notificada, no seu momento, da resolución que proceda.

2. Igualmente, os delegados sindicais serán oídos previamente á imposición de sancións que afecten a traballadores afiliados ó seu sindicato, sempre que á empresa lle conste a dita filiación, podendo formular alegacións no prazo indicado no parágrafo anterior.

3. Nas faltas tipificadas como moi graves, a dirección da empresa poderá adopta-la medida cautelar de suspensión de emprego, mentres dure a substanciación do expediente correspondente.

Artigo 9º.-Cumprimento de sancións.

As sancións de suspensión de emprego e soldo que se puidesen impoñer pola comisión de faltas laborais tipificadas nos artigos anteriores serán cumpridas unha vez resolto o expediente informativo, sen que o inicio do seu cómputo poida exceder dos seis meses seguintes á data da notificación da súa resolución ó interesado, salvo que este a tivese

impugnado, e, neste caso, tal incio levarase a cabo dentro dos seis meses seguintes á firmeza da resolución xudicial que confirme a sanción imposta.