Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial do Porto de Vigo.

O Pleno do Concello, en sesión do 21 de novembro de 2000, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan especial do Porto de Vigo (expediente 5959/411), formulada pola Autoridade Portuaria de Vigo, conforme a documentación presentada con datas do 17 de abril, 26 de maio e 4 de xuño de 2000, redactada e asinada polo enxeñeiro do Porto de Vigo, Luis Lara Rubido, e polo xefe do Departamento Técnico de Planificación e Infraestructuras Joaquín Colunga Pérez.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse o seguinte recurso:

Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunral Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio.

De conformidad co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 21 de novembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo