Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudio de detalle das parcelas B, D, E, W e X do polígono de actuación número 22 do PERI do Calvario (expediente 5685/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 29 de setembro de 2000, adopotu o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o reformado do estudio de detalle do polígono nº 22 do PERI do Calvario (expediente 5685/411) presentado nas datas do 12 de xaneiro, 8 e 21 de febreiro de 2000 pola entidade Promociones Veraluma, S.L. e redactado polo arquitecto José A. Martín Curty, con visados do COAG de datas 20 de decembro de 1999, 8 e 21 de feberiro de 2000.

Segundo.-Somete-lo presente acordo á publicación no DOG e no BOP, así como notificación individual ós propietarios afectados.

Contra o devandito acordo, que pon fín a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 24 de outubro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo