Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.915

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 8 de maio de 2000, da Dependencia de Recadación de Barcelona, de notificación de providencia de constrinximento (referencia 00.1.1.11.002).

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria segundo redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31), o

xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Fai saber que ó non ser posible, por casuas no imputables á Administración tributaria, realiza-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue, e intentándose estas de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, cítase a estes, especificados na mencionada relación, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio,

comparezan na Administración ou Unidade de Recadación que consta na relación, para poder ser notificados regulamentariamente.

No caso de non comparecer no prazo de lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento deste.

Barcelona, 8 de maio de 2000.

J. Ignacio Mora Artiga

Xefe da Dependencia Provincial

de Recadación de Barcelona

Relación que se cita: 001111002.

NomeNIFProcedementoReferenciaUnidadeLugar de comparecencia

T.A.C. Publicidad y Diseño, S.A.A61151981Inicio procedemento de constrinximentoC1100099320115191Sant Feliur/ Ramón y Cajal, 47, S. Feliu Llos