Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/153-2, 5498 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: centro de reparto de Aspera.

Situación: Xove.

Descricións técnicas: centro de reparto a 20 kV. Liñas subterráneas de media tensión en conductor C 50. Mellora das liñas actuais Espiñeirido, Lago Rúa, Xove e Espiñeirido San Cibrao, Moras.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 2 de outubro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo