Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000 sobre concesión do título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista a Viajes Lanzatur, con número XG-192, e casa central na rúa Viña da Fonte, 5-edificio Pazo de Sanxenxo.

Examinado o expediente instruído por instancia de José Touriño Camiña, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Viajes Lanzatur, S.L., en solicitude de concesión do oportuno título-licencia da axencia de viaxes do grupo retallista.

Resultando que coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica no artigo 4 e seguintes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, para a obtención do título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, a Dirección Xeral de Turismo,

RESOLVE:

Concede-lo título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista, co nº XG-192, á Viajes Lanzatur, con casa central en Sanxenxo na rúa Viaña da Fonte, 5, edf. Pazo, da que é titular Viajes Lanzatur, S.L., que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta resolución no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo