Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Portocelo.
Situación: Xove.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV con orixe na liña de media tensión existente a centro de transformación de Vilapol e remate no centro de transformación de Portocelo en conductor LA-56 sobre torres metálicas cunha lonxitude de 445 m. Centro de transformación de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 1.800 m de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega
cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 29 de setembro de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo