Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a execución das obras de construcción dunha praza de abastos (1ª fase) e Centro Social do Mar (2ª fase) en Bueu.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano. 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Número de expediente: 00-03-PO.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción dunha praza de abastos (1ª fase) e Centro Social do Mar (2ª fase) en Bueu (Pontevedra).

b) Lugar de execución: Bueu (Pontevedra).

c) Prazo de execución: vintedous (22) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catrocentos cinco millóns cincocentas cincuenta mil oitocentas sesenta e sete (405.550.867) pesetas (2.437.409,80 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: esixirase unha fianza provisional, (dispensada a quen acredite a clasificación requirida pola orde do Ministerio de Economía e Facenda 11/4/96), de oito millóns cento once mil dezasete (8.111.017) pesetas (48.748,19 euros).

b) Definitiva: esixirase unha fianza definitiva de dezaseis millóns duascentas vintedúas mil trinta e cinco (16.222.035) pesetas (97.496,39 euros).

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Obtención de documentación:

a) Copynino. Rúa Xeneral Pardiñas, nº 2. (15701-Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono: 981 58 89 38.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a 36.230 pesetas (IVE incluído) (217,75 euros).

b) Data límite de obtención de documentos e información:

Trece (13) días contados a partir daquel no que se produza a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C; tódolos subgrupos; categoría e).

b) Outros requisitos: datos referentes á situación do empresario, así como ás condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días contados a partir daquel no que se produza a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e

Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano. 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

d) Admisión de variantes (concurso): ver epígrafe 2.1.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

No acto público ás 10 horas do terceiro día hábil que non coincida en sábado contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.

a) Entidade: sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

10. Outras informacións.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda