Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a autorización pola que se outorga a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7066; XG-440, Ponte Internacional-Tui-O Porriño-Redondela-Pontevedra, con anexo, por segregación de tráficos dentro da concesión V-7047; XG-421, Vigo-Gondomar-Fornelos (O Rosal), con anexos.

Con data do 20 de xullo de 2000, a Dirección Xeral de Transportes autorizou a segregación dos tráficos correspondentes ós itinerarios Ponte Internacional-Tui-O Porriño-Redondela-Pontevedra e Amoedo-Cepeda-Alto dos Valos-Redondela, na concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7047; XG-421, Vigo-Gondomar-Fornelos (O Rosal), con anexos, da titularidade de Viajes Melytour, S.L.

Como consecuencia desta segregación os tráficos da concesión orixinal V-7047; XG-421, Vigo-Gondomar-Fornelos (O Rosal), con anexos, quedan integrados dentro das concesións seguintes:

1. V-7047; XG-421, Vigo-Gondomar-Fornelos (O Rosal), con anexos.

2. V-7066; XG-440, Ponte Internacional-Tui-O Porriño-Pontevedra, con anexo.

A explotación das citadas concesións efectuarase de acordo, entre outras, coas seguintes condicións de prestación do servicio:

1. V-7047; XG-421, Vigo-Gondomar-Fornelos (O Rosal), con anexos.

1.1. Itinerarios e puntos de parada.

-Vigo, Castrelos, Valadares, A Garrida, cruzamento PO-331/330, Vincios, Gondomar, Couso, Pinzás, Tebra, Hospital, Seixo, Tomiño, Forcadela, Goián, Eiras, San Xoán, San Miguel Gándara, O Rosal e Fornelos.

-Cruzamento PO-331/PO-330, Zamáns, Alto de San Colmado, Pontellas, Mosende, San Simón, Ribadelouro, Mallón, Rebordáns, Virxe do Camiño, empalme Guillarei, Tui e Ponte Internacional.

-A Garrida, Cuvi e alto de San Colmado.

-Vigo, Puxeiros, Inst. Depor. Mercantil e Cuvi.

-Couso, Peitieiros, Morgadáns e Vincios.

-Tui, Randufe, Malvas e Couso.

-Empalme Guillarei, Guillarei, Páramos, Caldelas, Porto e Arantei.

-Mallón e Magdalena.

1.2. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Ponte Internacional e Guillarei, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Gándara e Forcadela, puntos intermedios e viceversa, coa excepción dos tráficos que teñan como orixe ou destino a localidade de Eiras.

-De e entre Vigo e Puxeiros, puntos intermedios e viceversa.

1.3. Expedicións e calendario.

Na concesión V-7047; XG-421 realizaranse as expedicións e calendario establecidas na Orde do 29 de marzo de 1999, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, coa excepción das correspondentes ás rutas que a continuación se indican por corresponder a itinerarios que son obxecto da segregación aprobada:

-Ponte Internacional-Tui-O Porriño-Pontevedra.

-Amoedo-Cepeda-Nespereira-Alto dos Valos-Redondela.

-Mos-Redondela.

1.4. Outras condicións.

No non previsto nesta resolución serán de aplicación as condicións establecidas na Orde do 29 de marzo de 1999, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, antes citada e en todas aquelas resolucións posteriores dictadas pola Administración competente que afecten os itinerarios e tráficos segregados.

2. V-7066; XG-440, Ponte Internacional-Tui-O Porriño-Pontevedra, con anexo.

2.1. Itinerarios.

-Ponte Internacional, Tui, Virxe do Camiño, empalme de Guillarei, Cerquido, O Porriño, Mos, Alto dos Valos, Saxamonde, Redondela, Pereiro, Cesantes, Arcade, Paredes, Figueirido e Pontevedra.

-Alto dos Valos, Nespereira, Cepeda e Amoedo.

2.2. Prohibicións de tráfico.

-De e entre O Porriño e Ponte Internacional, puntos intermedios e viceversa.

-De Amoedo para Redondela e viceversa.

2.3. Expedicións e calendario.

Ponte Internacional-Tui-O Porriño-Pontevedra (50 km).

-Cinco expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-Tres expedicións de ida e volta os sábados laborables.

-Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

Amoedo-Cepeda-Nespereira-Alto dos Valos-Rendondela (13,8 km).

-Tres expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-Unha expedición de ida e volta os sábados laborables.

2.4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 9,4443 pesetas.

-Tarifa usuario: 10,1054 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,4166 pesetas.

2.5. Outras condicións.

No non previsto nesta resolución serán de aplicación as condicións establecidas na orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de marzo de 1999, pola que se resolve a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7047; XG-421, Vigo-Gondomar-Fornelos (O Rosal), con anexos só en todo aquilo que se refira ós itinerarios e tráficos que son obxecto de segregación.

Contra a citada autorización poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes