Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 29 de novembro de 2000 Páx. 15.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a dirección técnica das obras de construcción dunha praza de abastos e Centro Social do Mar en Bueu (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo.

c) Número de expediente: 00-01-DTBU.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: dirección técnica das obras de construcción dunha praza de abastos e Centro Social do Mar en Bueu (Pontevedra).

b) Lugar de execución: Bueu (Pontevedra).

c) Prazo de execución ou data límite de entrega: igual ó prazo de execución das obras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catro millóns novecentas oitenta e nove mil duascentas noventa e oito (4.989.298) pesetas (29.986,28 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: esixirase unha fianza provisional de noventa e nove mil setecentas oitenta e seis (99.786) pesetas (599,73 euros).

b) Definitiva: a garantía definitiva será o 4% do importe de adxudicación, segundo o definido na letra I do citado cadro.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade e código postal: 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 43 82/54 43 71.

e) Telefax: 981 54 43 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: quince (15) días contados a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) A solvencia económica e financeira do empresario acreditarase mediante informe de institucións financeiras (artigo16.1.a do texto refundido da LCAP).

b) A solvencia técnica acreditarase, de acordo co artigo 19 do texto refundido da LCAP, mediante a presentación dos seguintes documentos:

Descrición do equipo humano que se propón para a realización do traballo, expresando a titulación académica, acreditándoa mediante copia compulsada do título ou certificación académica, e experiencia profesional de cada un dos seus integrantes. É condición indispensable que no equipo figure un arquitecto técnico ou aparellador, como responsable da dirección técnica.

No caso de non pertencer ó cadro de persoal da empresa, documento de colaboración aceptado e asi

nado polo arquitecto técnico ou aparellador responsable da dirección técnica das obras.

c) Outros requisitos. Datos referentes á situación do empresario, así como ás condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axurtarse o contratista.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: ata as 12 horas do décimo quinto (15) día contados a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

1ª Entidade: Dirección Xeral de Urbanismo.

2ª Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

3ª Localidade e código postal: 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

e) Admisión de variantes (concurso): ver epígrafe 1.1.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións.

a) En acto público na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano. Santiago de Compostela (A Coruña).

b) Data: o terceiro (3º) día hábil que non coincida en sábado contado a partir de aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: ás 10 horas.

10. Outras informacións.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda