Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 28 de novembro de 2000 Páx. 15.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 23 de outubro de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, a proposta de resolución do expediente sancionador VP-C 15/2000.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícalle ó interesado a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador, co número que se indica, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Tendo constatado a existencia dun procedemento de execución hipotecaria contra o titular da vivenda, a instructora do expediente propón o arquivo das actuacións e sobresemento deste.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, dáse traslado ó interesado concedéndolle un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes. A presente proposta de resolución non é susceptible de recurso.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, de dirección descoñecida, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 23 de outubro de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 15/2000.

Fernando Ríos Vázquez.

r/ Alcalde López Latorre, 14.

Bloque 1, vivenda nº 19.

A Condesa-Betanzos.