Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 28 de novembro de 2000 Páx. 15.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 23 de outubro de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, o acordo de incoación dos expedientes sancionadores VP-C 20 e VP-C 21/2000.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles os interesados o acordo de incoación dos expedientes sancionadores VP-C 20/2000 e VP-C 21/2000, que se inician neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria do expediente a Clara Gómez Ruiz e Carmen Pombo Chans, concedéndolles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para face-las alegacións que crean oportunas na súa descarga e, de se-lo caso, solicita-la práctica das probas.

E para que conste e lle sirva de notificación os interesados de enderezo descoñecido, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 23 de outubro de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 20/2000.

José A. Miranda Vecino e Juana Martínez López.

Bloque 15-7º A, O Birloque, 2ª fase de Elviña, A Coruña.

VP-C 21/2000.

Pablo L. Sánchez Barros.

Edificio Herradura, 3, 2º esq., Labañou, A Coruña.