Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 28 de novembro de 2000 Páx. 15.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 1DP/2001, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, para a subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido na Orde do 21-4-1998 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde do 23-3-2000, convoca con tramitación segundo o artigo 172-1A do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas o seguinte concurso público para a subministración sucesiva de material de incontinencia urinaria.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial da Coruña, rúa Durán Loriga, nº 3-4º andar, teléfono: 981 18 56 00, fax: 981 18 56 78.

2. Modalidade da adxudicación: concurso público.

3.a) Lugar da entrega da subministración: as entregas do material faranse en todos e cada un dos centros sanitarios da provincia.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: material de incontinencia urinaria (ver prego de prescricións técnicas).

Orzamento total: noventa e nove millóns oitocentas cinco mil pesetas (99.805.000 pesetas), IVE incluído (599.840,131 euros).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto da subministración requirida: a licitación versará sobre a totalidade dos lotes, ou sobre cada un deles.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver o prego de prescricións técnicas.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-los documentos pertinentes: ve-lo punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 19-12-2000.

6.a) Data límite da recepción das ofertas: 26-12-2000, rematando ás 14 horas.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ve-lo punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán ou galego.

7.a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: a partir das 10 horas, no enderezo que se sinale no punto 1, o día 8-1-2001.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional previa, equivalente ó 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que se presente a empresa ofertante. Unha vez adxudicados os lotes, os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación dos lotes que lles foron adxudicados.

9. Modalidades esenciais de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pago realizarase mediante transferencia bancaria á conta destinada polo adxudicatario, unha vez recibida a subministración, debendo terse en conta, en todo caso, o establecido no artigo 99 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o TRLCAP.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores:

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricions técnicas.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

14. Variantes: non se admiten.

15. Información adicional: ve-lo punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publicou.

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 3-11-2000.

18. Data de recepción do anuncio:

19. Anuncios: o pagamento da publicidade do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios do contrato ou contratos.

A Coruña, 27 de outubro de 2000.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña