Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 28 de novembro de 2000 Páx. 15.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 26 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan (Severino Buján Gómez e tres máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala, facéndoselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 25 de novembro e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24

de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día nas súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial en trámite de audiencia, co fin de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes no seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Lugo, 26 de setembro de 2000.

Eugenio Basanta Curbera

Xefe de Área Provincial de Lugo

ANEXO

Nome: Severino Buján Gómez.

Expediente: LU-83/080.

Conta nº 54.

Enderezo: rúa Aquilino Iglesia Alvariño, 1-5º A, 27004 Lugo.

Importe da débeda: 1.507.978 pesetas.

Nome: Gloria García Prieto.

Expediente: LU-85/100.

Conta nº 15.

Enderezo: rúa Aquilino Iglesia Alvariño, 7-3º D, 27004 Lugo.

Importe da débeda: 2.564.185 pesetas.

Nome: Cástor Gabarres Montoya.

Expediente: LU-81/010.

Conta nº 177.

Enderezo: rúa Fernando Pessoa, 8-1º A, 27002 Lugo.

Importe da débeda: 223.020 pesetas.

Nome: Carlos Basanta Fernández.

Expediente: LU-83/020.

Conta nº 4.

Enderezo: rúa San Lázaro, 1-baixo D, 27850 Viveiro (Lugo).

Importe da débeda: 951.253 pesetas.