Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 28 de novembro de 2000 Páx. 15.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2000 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de tres plazas de auxiliares administrativos do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

De conformidade co disposto nas bases 6 e 7 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal fixo de tres prazas de auxiliares administrativos do Cixtec, convocada por Resolución do 22 de marzo de 2000.

Elévase a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría de auxiliares administrativos, figurando no anexo I da presente resolución.

Os aspirantes que constan no citado anexo deberán presentar, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Cixtec, a documentación á que se refire a base 7.1 da convocatoria.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición postestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que dicta o acto e ademais recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2000.

Gonzalo Gómez Móntaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO

Lista definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo de persoal laboral fixo de auxiliares administrativos do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable:

Nome e apelidosDNINota 1º

exerc.

Nota 2º

exerc.

Nota 3º

exerc.

Total

Sánchez Sánchez Concepción32.402.25212,009,028,8529,87

Landeira Ríos Manuel33.282.31713,505,609,5028,60

Melón Martínez Nerea32.835.88412,007,059,5028,55