Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 28 de novembro de 2000 Páx. 15.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 de outubro de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación do expediente 1/2000, de clasificación dun monte desta provincia.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas características que a continuación se indican:

Expediente número: 1/2000.

Denominación: monte de Foilebar (parcelas: O Pico de Leizán e A Louseira, A Legua e Pico de Cabude).

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Foilebar.

Concello: O Incio.

Superficie total: 48 hectáreas.

Estremas da parcela nº 1-O Pico de Leizán e A Louseira-28 hectáreas:

Norte: predios particulares de veciños das parroquias de Vilarxoán (Leizán) e Foilebar. Leste e Sur: monte veciñal en man común da parroquia de Vilarxoán. Oeste: predios particulares de veciños da parroquia de Foilebar (Covelas) e monte veciñal en man común de Santa María.

Estremas da parcela nº 2 A Legua-1,5 hectáreas:

Norte: predios particulares de veciños da parroquia de Toldaos e camiño de servidume ós predios. Leste e sur: predios particulares de veciños das

parroquias de Santa María do Incio e Foilebar (Cabude), e camiño real a Foilebar. Oeste: predios particulares de veciños da parroquia de Toldaos e camiño de servidume ós predios.

Estremas da parcela nº 3-Pico de Cabude-18,5 hectáreas:

Norte: camiño real a Foilebar. Leste: predios particulares de veciños da parroquia de Santa María do Incio (Montemeán) e camiño de servidume a predios. Sur: estrada a Foilebar. Oeste: monte veciñal en man común da parroquia do Hospital.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o día 14 de decembro de 1999 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por este edicto faise pública a iniciación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesados poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistilos en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 27 de outubro de 2000.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo