Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, do servicio de limpeza do edificio sede da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).

b) Dependencia: Servicios Centrais da Xerencia.

c) Expediente: 109/407.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servicio de limpeza do edificio sede da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.

b) Prazo do contrato: dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 12.240.000 pesetas (dous anos).

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).

b) Enderezo: Praza do Rei s/n (fronte á casa do concello).

c) Localidade e codigo postal: Vigo, 36202.

d) Teléfono: 986 81 03 46.

e) Fax: 986 22 01 27.

f) Data límite para solicitar documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2000.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula X do prego de condicións técnicas e de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: véxase punto 6 deste anuncio.

d) Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade, enderezo e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

b) Data e hora: 10 horas do primeiro mércores seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 13 de novembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo