Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do avance do PERI IV-08 Santa Cristina (expediente 6160/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do día 5 de outubro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Inicia-lo expediente de modificación puntual do plan xeral no que se refire á delimitación da ficha de características do PERI IV-08 Santa Cristina, de acordo coas propostas que figuran no avance de PERI redactado por iniciativa municipal, e encargar ós servicios técnicos e xurídicos da Oficina de Planeamento e Xestión da Xerencia de Urbanismo a elaboración do dito expediente.

Segundo.-Tomar coñecemento do avance do plan especial de reforma interior IV-08 Santa Cristina (expediente 6160/411), de iniciativa municipal, polo arquitecto César Álvarez Arines, con data de xuño de 2000.

Terceiro.-Somete-lo expediente a información pública, polo prazo dun mes, con notificacións individuais ós propietarios dos terreos afectados, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial

de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia co fin de que as distintas entidades e particulares poidan formula-las suxestións que coiden oportunas e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes.

Cuarto.-Remítase un exemplar do avance á Delegación do Goberno de Galicia e á CPTOPV co fin de que no mesmo prazo, a Administración achegue cantos documentos e informacións deban ser tidas en conta para a redacción do presente PERI.

Quinto.-Déase traslado de copia do expediente á Comisión Provincial de Patrimonio da Consellería de Cultura para informe, tendo en conta a inclusión da igrexa de Santa Cristina de Lavadores.

Sexto.-Solicítense informes dos departamentos municipais de Seguridade, Circulación e Transporte, Vías e Obras, Infraestructuras, Medio Ambiente, así como das empresas concesionarias dos servicios.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo á disposición do público, planta baixa do edificio da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 24 de outubro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo