Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública dun proxecto de compensación na avenida de Galicia (Teis) (expediente 4257/401).

Myriam Buján Garrido, en nome e representación da entidade mercantil Inversiones Cota Mil, S.L.,

na súa calidade de propietaria única do soar sito na avda. de Galicia, presentou con data do 27 de outubro de 2000, no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo, o correspondente proxecto de compensación para a súa tramitación e aprobación polo que se somete ó trámite de información pública polo período de vinte días, segundo o establecido no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Sométese este expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días, a través de publicación no DOG segundo o establecido no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a data de publicación deste anuncio no devandito diario oficial.

A documentación deste expediente atópase ó dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultar descoñecido ou ignorado o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 16 de novembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo