Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión do día trinta e un de otubro de dous mil adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar con carácter inicial un documento de modificación puntual do PXOU vixente, que ten por obxecto:

a) Amplia-lo soldo clasificado como SUNP-Área 8 ata o seu límite coa autovía A-6 no lindeiro sur e a estrada CP-3109 no seu lindeiro leste, cualificando de uso global industrial, dentro desta área, un ámbito substancialmente triangular definido pola estrada de Orro ó nore, autovía A-6 ó sur e estrada CP-3109 ó leste, segundo planos incorporados ó documento.

b) Modifica-lo parágrafo segundo do punto 12.3.2 da normativa do PXOU, establecendo no seu lugar o seguinte:

Nas áreas de uso global industrial, a unidade mínima de actuación fíxase en 100.000 m. Os ámbitos que se delimiten a través dos plans parciais non poderán deixar zonas de solo urbanizable marxinado con superficie inferior á establecida como unidade mínima.

O documento inicialmente aprobado sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal), durante o que poderá examinarse nas oficinas municipais (Área de urbanismo) e formularse as alegaciós que se consideren convenientes.

Culleredo, 7 de novembro de 2000.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde