Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CORGO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 16 de novembro de 2000, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras de acceso ós núcleos de poboación do Corgo:

1. O Souto-Igrexa de Marei Arxemil-San Martiño.

2. A Vacariza-Sabarei-O Teso-Lamapulleira.

3. Estrada de Franqueán-Pedradreita-estrada asfaltada-Paso elevado autovía.

Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións contra eles.

Obxecto do contrato: acceso ós núcleos de poboación do Corgo:

Obra nº 1: O Souto-Igrexa de Marei Arxemil-San Martiño.

Obra nº 2: A Vacariza-Sabarei-O Teso-Lamapulleira.

Obra nº 3: estrada de Franqueán-Pedradreita-estrada esfaltada-paso elevado autovía.

Lugar de execución: Concello do Corgo.

Prazo de execución: tres meses.

Orzamento de licitación:

Obra nº 1: 4.764.670 pesetas IVE incluído.

Obra nº 2: 11.762.663 pesetas IVE incluído.

Obra nº 3: 4.383.013 pesetas IVE incluído.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Garantías.

Provisional:

-Obra nº 1: 95.293 pesetas.

-Obra nº 2: 235.253 pesetas.

-Obra nº 3: 87.660 pesetas.

Información: o modelo de proposición e o prego de cláusulas administrativas facilitaranse no Concello do Corgo (Lugo).

Presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP de Lugo ou no DOG.

O Corgo, 17 de novembro de 2000.

José A. Ferreiro González

Alcalde