No BOP de Ourense do día da data publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do Concello de Barbadás. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13 horas, na casa do concello. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no Rexistro do Concello de Barbadás, ou por teléfono: 988 36 00 00.
Relación de obras:
-Proxecto de construcción de accesos na Valenzá, con orzamento de 13.735.337 pesetas e prazo de execución de 3 meses.
Barbadás, 17 de novembro de 2000.
O alcalde
Rubricado