Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión do día trinta e un de outubro de dous mil adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar con carácter inicial un documento de modificación puntual do PXOU vixente, que ten por obxecto clasificar como solo rústico común apto para urbanizar con uso global industrial, un ámbito de 111.500 m de superficie estremeira co solo urbano industrial nas inmediacións das instalacións de La Toja.

O documento incialmente aprobado sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal), durante o que poderá examinarse nas oficinas municipais (Área de Urbanismo) e formularse as alegacións que se consideren convenientes.

Culleredo, 7 de novembro de 2000.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde