Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 27 de novembro de 2000 Páx. 15.779

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 13 de novembro de 2000 pola que se particulariza o importe global máximo das axudas a investimentos no ámbito da acuicultura mariña para o exercicio do ano 2001.

A Orde do 26 de xullo de 2000 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión de axudas a investimentos no ámbito da acuicultura mariña (DOG nº 150, do 3 de agosto), establece no seu artigo 4 que nos exercicios sucesivos da vixencia do actual Programa Operativo IFOP 2000-2006 as axudas outorgaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias que para esta mesma finalidade se determinen na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano correspondente.

Aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o proxecto de Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma para o vindeiro exercicio orzamentario, procede establece-lo importe global máximo para a concesión destas axudas no exercicio de 2001.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas

DISPOÑO:

Artigo único.-Para o exercicio orzamentario 2001 as axudas ó abeiro da Orde do 26 de xullo de 2000, pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión de axudas a investimentos no ámbito da acuicultura (DOG nº 150, do 3 de agosto) outorgaranse con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.721B.771.1, que figura dotada no proxecto de Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001, e ata un importe máximo de 2.057.568.714 pesetas.

En todo caso, e de conformidade co disposto na Orde do 11 de febreiro de 1998 (DOG nº 33, do 19 de febreiro), sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, o gasto que se proxecta queda condicionado á existencia de crédito axeitado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001.

Disposición derradeira

Única.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2000.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura