Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

ANUNCIO.

Con data do 9 de novembro de 2000 foi aprobado pola Comisión Municipal de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación das obras de rede de sumidoiros, abastecemento e saneamento en Sandiás, o que se expón ó público para que poidan presentarse reclamacións, na secretaría do concello no prazo de 8 días hábiles, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso e polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 11.994.529 pesetas.

Fianza provisional: 239.890 pesetas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Proposicións: presentarse no Rexistro de Entrada do concello, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil (agás sábado), a aquel en que remata o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Sandiás, teléfono: 988 46 50 01. Fax: 988 44 60 48.

Sandiás, 17 de novembro de 2000.

Mª Concepción Méndez Gándara

Alcaldesa