Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PARADELA

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, da obra de dotación de servicios en r/ Lamacova-Ruxidoira 2ª fase (modificado).

Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do quince de novembro de dous mil, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá a contratación da obra de dotación de servicios en r/ Lamacova-Ruxidoira 2ª fase (modificado), polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso e tramitación urxente, con reduc

ción de prazos, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días hábiles para os efectos de exame e reclamacións, de acordo co disposto no artigo 122 do Real decreto 781/1986, do 18 de abril.

Concurso.

Simultaneamente, de conformidade co preceptuado no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase o concurso de referencia, se ben a licitación se aprazará no suposto de que se formulasen reclamacións, contra o prego de cláusulas administrativas, ata que sexan resoltas pola Corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Paradela.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

Execución da obra incluída no proxecto de dotación de servicios en r/ Lamacova-Ruxidoira 2ª fase (modificado).

3. Prazo de execución: oito (8) meses.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación. 41.418.019 pesetas, IVE incluído.

6. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

7. Obtención de documentación e información.

Concello de Paradela, avda. Xeneralísimo, s/n, Paradela (Lugo). Teléfono: 982 54 11 01/96.

8. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

As ofertas presentaranse no rexistro xeral do Concello de Paradela das 9 ás 14 horas durante o prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

9. Documentación que hai que presentar.

As proposicións presentaranse en tres sobres pechados.

Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura no anexo I do prego.

Sobre B, subtitulado personalidade xurídica e xustificantes, conterá a documentación á que se refire a cláusula 12.2 do prego.

Sobre C, subtitulado referencias técnicas-cláusula 12.3.

10. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo A, número 1; subgrupo E, número 1; categoría G, número 4.

11. Apertura de ofertas.

No salón de sesións da Casa do Concello de Paradela ás doce horas do segundo día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; no caso de ser sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

12. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Paradela, 16 de novembro de 2000.

José Manuel Mato Díaz

Alcalde