Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión que tivo lugar o día 16 de outubro de 2000, aprobou inicialmente o proxecto de reparcelación da UX-L do Plan Especial de Reforma Interior da unidade de xestión L (UX-L) de Concheiros-Cotaredo-San Lázaro, redactado polos servicios técnicos municipais.

En cumprimento do que dispón o artigo 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da públicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC) ós propietarios que de seguido se relacionan:

ParcelaTitular

1Francisco Pérez Martínez

2María López Sarabia

3Compostela Tres S.C.

4Amadeo Miramontes Otero

5Encarnación López Sarabia

6Carmen Bello López

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.

P.D.

Luís Toxo Ramallo

Tenente alcalde