Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.718

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 novembro 2000 pola que se convoca concurso de traslados específico entre os funcionarios de carreira do corpo de mestres para cubrir prazas de xefe ou xefa do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O Decreto 120/1998, do 23 de abril, (Diario Oficial de Galicia do 27), regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 1 alínea 2º do citado decreto establece que nos colexios de educación infantil e primaria, e nos colexios de educación primaria, nas condicións que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determine, créase un departamento de orientación que abranguerá no seu ámbito de actuación, ademais do propio centro, aqueloutros centros incompletos da mesma zona de escolarización. Este departamento estará coordinado por un mestre responsable da orientación educativa, que exercerá as súas funcións como xefe do dito departamento.

Pola súa parte, o artigo 13º do referido decreto establece que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria cubrirá o posto de traballo do responsable do departamento de orientación naqueles colexios de educación infantil e primaria ou de educación primaria que se determine, a través dun concurso de méritos específico entre os funcionarios do corpo de mestres. Considérase criterio preferente estar en posesión dunha das seguintes titulacións: doutor ou licenciado en psicopedagoxía, ou en psicoloxía, ou en filosofía e ciencias da educación (especialidade de psicoloxía ou ciencias da educación) ou en filosofía e letras (especialidade de pedagoxía ou psicoloxía), tal como figura na alínea a) do artigo 4 do dito decreto.

Na disposición derradeira primeira do Decreto 120/1998, autorízase a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas para a execución e desenvolvemento do que nel se establece.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeira.-Convocar concurso de traslados específico entre os funcionarios de carreira do corpo de mestres para cubrir prazas de xefe ou xefa do departamento de orientación en colexios públicos de educación infantil e primaria ou de educación primaria.

Segunda.-As prazas que se cubrirán neste concurso son as que aparecen no anexo II desta orde, e as

resultas que se poidan producir nos centros que aparecen no anexo III.

Terceira.-Poderán participar, con carácter voluntario, na presente convocatoria:

a) Os funcionarios do corpo de mestres que estean en situación de servicio activo con destino definitivo en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sempre que, de conformidade co establecido no parágrafo segundo do número 6 da disposición adicional décimo quinta da Lei 30/1984, do 2 de agosto, transcorresen ó remate do presente curso académico, polo menos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

b) Así mesmo poderán participa-los funcionarios de carreira do corpo de mestres que teñan destino provisional nun centro dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cuarta.-Os mestres que desexen participar nesta convocatoria cubrirán a instancia que para tal fin lles será facilitada polos órganos da Administración Educativa, debendo xunta-los documentos xustificativos dos méritos alegados, conforme se prevé no anexo I da presente orde.

Os que aleguen, ademais, estar en posesión dunha das titulacións sinaladas na base décima da presente orde, presentarán fotocopia cotexada do título correspondente. Así mesmo, os que aleguen estar habilitados en pedagoxía terapéutica ou en audición e linguaxe, presentarán fotocopia cotexada do certificado da habilitación.

Quinta.-O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo non se admitirá cambio ningún nas súas peticións.

A instancia así como a documentación á que se alude no punto anterior, poderá presentarse nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que optasen por presenta-la súa solicitude ante unha oficina de correos, farano en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

Sexta.-Os asinantes das instancias deberán manifestar nelas, de modo expreso, que reúnen os requisitos esixidos na convocatoria, consignando os centros que solicitan por orde de preferencia, cos números de código que figuran no anexo II da presente orde.

Sétima.-Tódalas condicións que se esixen nesta convocatoria e os méritos que aleguen os participantes teranse cumpridos ou recoñecidos na data de terminación do prazo de presentación de soli

citudes, agás o requisito de dous anos de permanencia no destino definitivo desde o que se solicita, que se contabilizarán o 31 de agosto do 2001.

Oitava.-Non serán tidos en conta os méritos non invocados nas solicitudes, nin tampouco aqueles que non se xustifiquen documentalmente durante o seu prazo de presentación.

Novena.-Poderá ser anulado o destino obtido por calquera concursante que non se axuste ás normas da convocatoria.

Décima.-Dereitos preferentes.

Os profesores que se acollan ó dereito preferente farano constar nas súas instancias, indicando a causa na que apoian a súa petición.

Para os efectos de adxudicación de prazas, só se terán en conta os seguintes dereitos preferentes:

1. Dereito preferente ó centro onde se tivera o destino definitivo:

Terán dereito preferente os funcionarios de carreira do corpo de mestres que teñan destino definitivo no propio centro e posúan algunha das seguintes titulacións: doutor ou licenciado en psicopedagoxía, ou en psicoloxía, ou en filosofía e ciencias da educación (especialidade de psicoloxía ou ciencias da educación) ou en filosofía e letras (especialidade de pedagoxía ou psicoloxía) ou que foran diplomados nas escolas universitarias de psicoloxía ata 1974.

Para estes efectos, entenderase que os profesores suprimidos teñen destino definitivo no centro no que resultaron suprimidos e computaráselle-lo tempo transcorrido nesta situación sempre que non perdesen o dereito preferente.

2. Dereito preferente á zona educativa:

Terán dereito preferente ás prazas convocadas nunha zona educativa os funcionarios de carreira do corpo de mestres ós que se lles suprimira o seu posto de traballo ou resultaran suprimidos no proceso de adscrición regulado na Orde do 15 de maio de 1996 ou con posterioridade, sempre que continúen nesa situación, nun centro da zona correspondente e non perderan o dereito preferente, consonte a normativa que regula o concurso de traslados, e posúan algunha das titulacións sinaladas na alínea 1 desta base.

Cando existan varios mestres que exercen o dereito preferente ó centro establecerase a prioridade atendendo ós seguintes criterios, aplicados sucesivamente:

a) Maior antigüidade no centro. Para estes efectos, computarase como antigüidade no centro tamén o tempo de permanencia en comisión de servicios, servicios especiais e outras situacións administrativas que non supuxesen perda de destino definitivo.

b) Maior antigüidade no corpo de mestres.

c) Menor número de rexistro persoal ou, de se-lo caso, número de lista.

Cando existan varios mestres que exercen o dereito preferente á zona educativa, a prioridade entre eles determinarase pola maior puntuación que resulte da aplicación do baremo que, como anexo I, se publica coa presente convocatoria.

Décimo primeira.-Para a provisión das prazas que se cubrirán neste concurso, cando non se adxudiquen a través dos méritos preferentes establecidos na base décima, terán prioridade os mestres que posúan algunha das titulacións relacionadas na citada base. No suposto de concorrer máis dun aspirante, dirimiranse pola aplicación do baremo establecido no anexo I.

No caso de se produciren empates no total das puntuacións, estes resolveranse, atendendo sucesivamente á maior puntuación en cada unha das alíneas do baremo establecido no anexo I, pola orde na que aparecen nel. Se persistise o empate atenderase á puntuación obtida nas distintas subalíneas pola orde, igualmente, que aparece no dito baremo. Para estes efectos, deberá terse en conta que naquelas alíneas ou subalíneas do baremo para as que se estableza unha puntuación máxima, a puntuación outorgada ós concursantes non poderá superala. De resultar necesario, utilizarase sucesivamente como último criterio de desempate o ano no que se convocou o procedemento selectivo a través do que se ingresou no corpo e a puntuación coa que resultou seleccionado.

Décimo segunda.-A avaliación dos méritos alegados polos concursantes levarase a efecto por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría segunda para os efectos do previsto no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

Cada un dos sindicatos pertencentes á mesa sectorial de educación poderá nomear unha persoa representante para asistir ás sesións da comisión, con voz e sen voto.

Décimo terceira.-Realizadas as baremacións dos méritos alegados polos concursantes procederase á publicación, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais, das puntuacións acadadas polos participantes.

Establecerase un prazo de oito días naturais para reclamar contra estas puntuacións. Rematado o citado prazo a comisión exporá as rectificacións que procederan.

Contra esta derradeira exposición non cabe reclamación e terá que esperarse a que a Dirección Xeral de Persoal faga pública no Diario Oficial de Galicia a resolución provisional.

Décimo cuarta.-Os concursantes poderán presentar reclamacións e renuncias á adxudicación provisional, a través do órgano no que presentaron a súa solicitude, no prazo de dez días naturais a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Décimo quinta.-Consideradas, se é o caso, as reclamacións e renuncias ás que se refire a base anterior, a Dirección Xeral de Persoal procederá a dicta-la resolución definitiva da adxudicación. A dita resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Décimo sexta.-Os funcionarios do corpo de mestres que acaden destino no presente concurso exercerán a xefatura do departamento de orientación con carácter definitivo.

Décimo sétima.-Os mestres que resulten adscritos ás xefaturas dos departamentos de orientación dos colexios de educación infantil e primaria e dos colexios de educación primaria están obrigados a desprazarse ós centros que se lles adscriban, conforme o establecido no Decreto 120/1998, do 23 de abril.

Décimo oitava.-Nos colexios públicos de educación infantil e primaria e nos de educación primaria nos que a praza de xefe ou xefa do departamento de orientación sexa provista na resolución da presente convocatoria, constituirase o departamento de orientación que terá a composición establecida no artigo 4º do Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións adicionais

Primeira.-Sen prexuízo do establecido na base décimo sexta, os xefes dos departamentos de orientación que acaden destino na presente convocatoria poderán, temporalmente, impartir docencia directa ó alumnado naqueles casos que determine a delegación provincial, logo de informe da inspección educativa.

Segunda.-Os mestres que estean participando simultaneamente nesta convocatoria e na realizada pola Orde do 10 de outubro de 2000 (DOG do 24) pola que se convoca concurso de traslados autonómico entre funcionarios do corpo de mestres, e que obteñan praza definitiva como xefe ou xefa do departamento de orientación, deberán renunciar a esta ou á súa participación no concurso xeral de traslados, no prazo de dez días contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceira.-Contra esta orde poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nos prazos e forma establecidos na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Cuarta.-Os mestres que estean participando no concurso xeral de traslados convocado pola Orde do 10 de outubro de 2000 (DOG do 24) e participen nesta convocatoria están exentos da presentación dos méritos xa xustificados, agás os correspondentes á alínea H do anexo I da presente orde, que si deberán xustificarse.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

BAREMO

Documentación xustificativa

A) Tempo de permanencia ininterrompida como funcionario de carreira con destino definitivo no centro desde o que participa.
Polo primeiro, segundo e terceiro ano: 1 punto por ano.

Polo cuarto ano: 2 puntos.

Polo quinto ano: 3 puntos.

Polo sexto, sétimo, oitavo, noveno e décimo: 4 puntos por ano.

Folla de servicios certificada pola delegación provincial correspondente.
Polo décimo primeiro e seguintes: 2 puntos por ano.

As fraccións de ano computaranse da seguinte maneira: fracción de 6 meses ou superior, como un ano completo. Fracción inferior a 6 meses, non se computa.

Para os mestres con destino definitivo nun posto de traballo docente de carácter singular, a puntuación desta alínea virá dada polo tempo de permanencia ininterrompida no posto desde o que o solicita.
Para os mestres en adscrición temporal a centros públicos españois no estranxeiro ou á función de inspección educativa ou en supostos análogos, a puntuación desta alínea virá dada polo tempo de permanencia ininterrompida na dita adscrición.Xustificación acreditativa.

B) Tempo de permanencia ininterrompida con destino definitivo en centro ou posto singular desde o que se solicita cando foran catalogados como de especial dificultade por tratarse de difícil desempeño ou de zona de actuación educativa preferente.Folla de servicios certificada pola delegación provincial correspondente.
Polo primeiro, segundo e terceiro ano: 0,50 puntos por ano.

Polo cuarto ano: 1 punto.

Polo quinto ano: 1,50 puntos.

Polo sexto, sétimo, oitavo, noveno e décimo: 2 puntos por ano.

Polo décimo primeiro e seguintes: 1 punto por ano.

As fraccións de ano computaranse do seguinte xeito:

Fracción de 6 meses ou superior, como un ano completo.
Fracción inferior a 6 meses, non se computa.
Non se computarán para estes efectos o tempo que se permaneceu fóra do centro en situación de servicios especiais, comisión de servicios, en licencia por estudios ou situacións análogas.

C) Tempo transcorrido en situación de provisionalidade polos funcionarios de carreira que nunca obtiveron destino definitivo.Folla de servicios certificada pola delegación provincial correspondente.
1 punto por ano de servicios ata que obteñan a propiedade definitiva.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.

Os servicios desta clase prestados en centros ou postos clasificados como de especial dificultade por tratarse de difícil desempeño ou de zona de actuación educativa preferente, darán dereito, ademais, á puntuación establecida na alínea B).

D) Anos de servicio activo como funcionarios de carreira no corpo de mestres.

1 punto por cada ano de servicio.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.

Folla de servicios certificada pola delegación provincial correspondente.

E) Cursos de perfeccionamento organizados polas administracións públicas educativas competentes e, se é o caso, as homologacións ou equivalencias que procedan.

Documentación xustificativa

E.1.-Cursos impartidos: por participar, en calidade de relator, profesor ou dirixir, coordinar ou exercer como titor de cursos de formación permanente (entendidos nas súas distintas modalidades: grupos de traballo, seminarios, grupos de formación en centros, cursos, etc.) convocados polos órganos centrais ou periféricos das administracións con competencias ou realizados por institucións sen ánimo de lucro que foran homologados ou recoñecidos por estas mesmas administracións, así como os convocados polas universidades.Copia cotexada do documento acreditativo.
0,10 puntos por cada 10 horas acreditadas ata un máximo dun punto.
E.2.-Cursos superados: pola asistencia a cursos de formación do profesorado (entendidos como se sinala no punto anterior), convocados polos órganos centrais ou periféricos das administracións con competencias ou realizados por institucións sen ánimo de lucro e que foran homologados ou recoñecidos por estas mesmas administracións, así como os convocados polas universidades.Copia cotexada do documento acreditativo.
0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados, ata un máximo de 2 puntos.

En estes subpuntos só se tomarán en consideración os cursos que versen sobre especialidades propias do corpo de mestres ou sobre aspectos científicos, didácticos ou de organización relacionados con actividades propias deste.

Cando os cursos veñan expresados en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

E.3.-Por cada especialidade do corpo de mestres distinta á de ingreso nel, adquirida a través do procedemento previsto no Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, de adquisición de novas especialidades: 0,50 puntos por cada nova especialidade.Copia cotexada do documento acreditativo.
* Nota: por esta alínea E) pódese outorgar ata un máximo de 3,50 puntos.

F) Titulacións académicas distintas ás alegadas para o ingreso no corpo de mestres.Copia cotexada do título ou certificacións académicas cando se trate de cursos superados.
F.1. Por posuí-lo título de doutor: 2,50 puntos.

F.2.-Titulacións de segundo ciclo: polos estudios correspondentes ó segundo ciclo de licenciaturas, enxeñerías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes: 1,50 puntos.

F.3.-Titulacións de primeiro ciclo: por cada diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes ou polos estudios correspondentes ó primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñería: 1,50 puntos.

Nota: por esta alínea F) pódese outorgar ata un máximo de 3 puntos.

Nota: para obter puntuación polas titulacións universitarias de carácter oficial haberá que presentar fotocopia cotexada do título de mestre alegado para o ingreso no corpo e cantos outros presente como mérito.
Unicamente se terán en conta, para os efectos da súa valoración, os títulos con validez oficial no Estado español.

G) Outros méritos do anexo I do Real decreto 2112/1998, do 2 de outubro: Valoración do traballo desempeñado, publicacións e titulacións de réxime especial.

Por esta alínea G) poderá outorgarse ata un máximo de 10 puntos.

G.1.-Director/a en centros públicos, centros de formación continuada do profesorado ou centro de recursos: 1,50 puntos por ano.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,125 puntos por cada mes completo.

Orixinal ou copia cotexada do nomeamento e cesamento expedidos pola delegación provincial correspondente. Puntuaranse nomeamentos cando nos mesmos consten cursos escolares para os que nomeou aínda que non conste data de cesamento.
G.2.-Secretario/a e xefe/a de estudios en centros públicos docentes: 1 punto por ano.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.

Orixinal ou copia cotexada do nomeamento e cesamento expedidos pola delegación provincial correspondente. Puntuaranse nomeamentos, cando nos mesmos consten cursos escolares para os que se nomeou aínda que non conste data de cesamento.

Documentación xustificativa

G.3.-Coordinador/a de ciclo, de departamento, de equipo de normalización lingüística, de actividades extraescolares, asesor/a técnico pedagóxico dos Cefocops ou Cefores ou mestre adscrito a centros de recursos: 0,50 puntos por ano. Certificación expedida polo director do centro co visto e prace do inspector de educación da zona, agás no caso dos asesores técnico-pedagóxicos e dos mestres dos centros de recursos que deberán presentar nomeamento expedido pola delegación provincial correspondente.
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,041 puntos por cada mes completo.

Por estas 3 subalíneas só se valorarán os cargos desempeñados como funcionarios de carreira.

Cando se produza o desempeño simultáneo de cargos non poderá acumularse a puntuación.Orixinal ou copia cotexada do nomeamento.
G.4.-Por desempeño de postos na Administración Educativa de nivel de complemento igual ou superior ó asignado ó corpo de mestres: 1,50 puntos por ano.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,125 puntos por cada mes completo.

Exemplares orixinais con I.S.B.N.
G.5.-Por publicacións de carácter didáctico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais ou transversais do currículo ou coa organización escolar.
Ata 1 punto.Exemplares orixinais con I.S.B.N.
G.6.-Por publicacións de carácter científico e proxectos e innovacións técnicas sobre as disciplinas obxecto do concurso.

Ata 1 punto.

Unha publicación só poderá puntuarse por unha das subalíneas anteriores. Aquelas publicacións que estando obrigadas a consigna-lo I.S.B.N. en virtude do disposto no Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, carezan del non serán valoradas.

G.7.-Titulacións de ensinanzas de réxime especial.

As titulacións de ensinanzas de réxime especial outorgadas por escolas oficiais de idiomas e conservatorios de música e danza valoraranse da forma seguinte.

Fotocopia cotexada de cantos títulos sexan alegados ou certificación acreditativa de ter feitos os estudios conducentes a súa obtención.
Música e danza:

Grao medio: 0,50 puntos.

Ensino de idiomas:

Ciclo elemental: 0,50 puntos.

Ciclo superior: 0,50 puntos.

H.-Outros méritos relacionados co posto:
-Por te-la habilitación/especialización en pedagoxía terapéutica ou en audición e linguaxe 2 puntos.Fotocopia cotexada dos documentos acreditativos.
-Coordinación de departamentos de orientación nun centro.... 2 puntos por ano.Fotocopia cotexada dos documentos acreditativos.
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.
-Por cada ano de servicio na especialidade de pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe1 punto.Nomeamento e cesamento correspondente.
-Anos de servicio activo nos EPSA.... 2 puntos por ano.Nomeamento e cesamento correspondente.

ANEXO II

PRAZAS PARA CUBRIR

Código: 15001124

CEIP Francisco Vales Villamarín

Concello: Betanzos

Localidade: Betanzos

Enderezo: r/ Carregal, 4

Código: 15002670

CEIP Canosa-Rus

Concello: Carballo

Localidade: Rus

Enderezo: Canosa

Código: 15005026

CEIP Sanjurjo de Carricarte

Concello: Coruña, A

Localidade: Coruña, A

Enderezo: praza San Xosé Monte Alto, s/n

Código: 15005932

CEIP de Curtis-Estación

Concello: Curtis

Localidade: Lourdes

Enderezo: r/ Alcalde Espiñeira, s/n

(Curtis-Estación)

Código: 15022981

CEIP de Centieiras

Concello: Fene

Localidade: Perlío

Enderezo: r/ Centieiras, 4

Código: 15006845

CEIP Isaac Peral

Concello: Ferrol

Localidade: Ferrol

Enderezo: avda. Mac Mahón, s/n (campo de Batallones)

Código: 15007886

CEIP Ramón Otero Pedrayo

Concello: Laracha

Localidade: Torás

Enderezo: r/ Buenos Aires, s/n

Código: 15010307

CEIP San Isidro

Concello: Neda

Localidade: Neda

Enderezo: r/ Roseira, 1

Código: 15013503

CEIP Couceiro Freijomil

Concello: Pontedeume

Localidade: Pontedeume

Enderezo: avda. do Peirao, s/n

Código: 15014829

CEIP Pedro Barrié de la Maza

Concello: Sada

Localidade: Mondego

Enderezo: Quintán

Código: 15019372

CEIP San Vicente

Concello: Vimianzo

Localidade: Vimianzo

Enderezo: Agra do Cárcere, 19

Código: 15019086

CEIP Labarta Pose

Concello: Zas

Localidade: Baio Pequeno

Enderezo: r/ Mestre Platas, s/n (Baio Pequeno)

Código: 27015751

CEIP Vista Alegre

Concello: Burela

Localidade: Burela

Enderezo: r/ Mestre Don Camilo, s/n

Código: 27001440

CEIP Xosé Luis Taboada

Concello: Carballedo

Localidade: Lousada

Enderezo: A Barrela

Código: 27013673

CEIP de Casas

Concello: Lugo

Localidade: Lugo

Enderezo: r/ Orquídea, 63

Código: 32000058

CEIP Padre Feijóo

Concello: Allariz

Localidade: Allariz

Enderezo: estrada de Xunqueira

Código: 32004829

CEIP Rosalía de Castro

Concello: Xinzo de Limia

Localidade: Xinzo de Limia

Enderezo: r/ Rosalía de Castro

Código: 36003480

CEIP de Agolada

Concello: Agolada

Localidade: Ferreiroá

Enderezo: rúa do Iryda (Agolada)

Código: 36012742

CEIP Número 2 Vilaxoán

Concello: Vilagarcía de Arousa

Localidade: Sobrán

Enderezo: Vilaxoán

Código: 36015792

CEIP Xulio Camba

Concello: Vilanova de Arousa

Localidade: Vilanova de Arousa

Enderezo: r/ González Besada, s/n

ANEXO III

POSIBLES RESULTAS

Código: 15000107

CEIP Bispo Guerra Campos

Concello: Ames

Localidade: Ortoño

Enderezo: r/ Peregrina, s/n (Bertamiráns)

Código: 15000363

CEIP Ponte dos Brozos

Concello: Arteixo

Localidade: Arteixo

Enderezo: avda. Arsenio Iglesias, 34 (Sabón)

Código: 15023041

CEIP de Galán

Concello: Arteixo

Localidade: Oseiro

Enderezo: Galán

Código: 15001471

CEIP Praia Xardín

Concello: Boiro

Localidade: Boiro

Enderezo: r/ Praia Xardín, s/n

Código: 15021500

CEIP Santa Baia

Concello: Boiro

Localidade: Boiro

Enderezo: avda. Compostela, 40

Código: 15001847

CEIP de Pedrouzos

Concello: Brión

Localidade: Brión

Enderezo: Pedrouzos, s/n

Código: 15002050

CEIP O Areal

Concello: Camariñas

Localidade: Camariñas

Enderezo: r/ Eugenio López, s/n

Código: 15002165

CEIP Wenceslao Fernández Flórez

Concello: Cambre

Localidade: Cambre

Enderezo: Adro, 33

Código: 15002578

CEIP Fogar

Concello: Carballo

Localidade: Carballo

Enderezo: avda. Ordes, s/n

Código: 15021354

CEIP Bergantiños

Concello: Carballo

Localidade: Carballo

Enderezo: r/ Carballo Calero, s/n

Código: 15002761

CEIP de Carnota

Concello: Carnota

Localidade: Carnota

Enderezo: praza de San Gregorio, s/n

Código: 15003054

CEIP Nicolás del Río

Concello: Cedeira

Localidade: Cedeira

Enderezo: r/ López Cortón, s/n

Código: 15004964

CEIP Concepción Arenal

Concello: Coruña, A

Localidade: Coruña, A

Enderezo: r/ Marqués de Amboage, 2

Código: 15004988

CEIP Eusebio da Guarda

Concello: Coruña, A

Localidade: Coruña, A

Enderezo: praza de Pontevedra, 21

Código: 15005518

CEIP María Pita

Concello: Coruña, A

Localidade: Coruña, A

Enderezo: Ronda de Camilo José Cela, 2 A (Elviña)

Código: 15005701

CEIP San Pedro de Visma

Concello: Coruña, A

Localidade: Coruña, A

Enderezo: San Pedro de Visma, s/n

Código: 15019311

CEIP María Barbeito e Cervino

Concello: Coruña, A

Localidade: Coruña, A

Enderezo: alcal. Salorio Suárez, 28

Código: 15024902

CEIP Wenceslao Fernández Flórez

Concello: Coruña, A

Localidade: Coruña, A

Enderezo: r/ Joaquín Planelles Riera, 17-19

Código: 15025025

CEIP San Francisco Javier

Concello: Coruña, A

Localidade: Coruña, A

Enderezo: Ronda de Outeiro, 72

Código: 15025037

CEIP Sagrada Familia

Concello: Coruña, A

Localidade: Coruña, A

Enderezo: Ronda de Outeiro, 211

Código: 15027241

CEIP Juan Fernández Latorre

Concello: Coruña, A

Localidade: Coruña, A

Enderezo: r/ Casanova de Eirís, s/n

Código: 15027253

CEIP Isaac Díaz Pardo

Concello: Culleredo

Localidade: Almeiras

Enderezo: avda. Ribados, s/n (Carcabelos)

Código: 15021809

CEIP Sofía Casanova

Concello: Culleredo

Localidade: Rutis

Enderezo: Vilaboa

Código: 15007242

CEIP Mar de Fóra

Concello: Fisterra

Localidade: Fisterra

Enderezo: estrada do Faro, s/n

Código: 15026765

CEIP Milladoiro

Concello: Malpica de Bergantiños

Localidade: Malpica de Bergantiños

Enderezo: Ventorrillo, s/n (Malpica)

Código: 15008490

CEIP Víctor Sáenz

Concello: Mazaricos

Localidade: Antes

Enderezo: Antes

Código: 15008805

CEIP de Melide nº 1

Concello: Melide

Localidade: Melide

Enderezo: r/ E. Álvarez Carballido, 2

Código: 15009810

CEIP Ricardo Tobío

Concello: Muros

Localidade: Esteiro

Enderezo: r/ Freixeiro, s/n

Código: 15009998

CEIP Ramón de Artaza y Malvaréz

Concello: Muros

Localidade: Serres

Enderezo: r/ Valdexería, s/n

Código: 15010575

CEIP O Coto

Concello: Negreira

Localidade: Negreira

Enderezo: r/ Rosalía de Castro

Código: 15011336

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Concello: Ordes

Localidade: Ordes

Enderezo: r/ O Paraíso, s/n

Código: 15025487

CEIP Campomaior

Concello: Ordes

Localidade: Ordes

Enderezo: Campo da Feira, s/n

Código: 15011567

CEIP de Sigüeiro

Concello: Oroso

Localidade: Oroso

Enderezo: estrada de Grabanxa-Sigüeiro

Código: 15011981

CEIP Alférez Provisional

Concello: Ortigueira

Localidade: Ortigueira

Enderezo: r/ Pedro Castiñeiras, s/n

Código: 15012262

CEIP da Serra de Outes

Concello: Outes

Localidade: Outes

Enderezo: praza de Galicia, s/n

(A Serra de O.)

Código: 15012717

CEIP Rosalía de Castro

Concello: Padrón

Localidade: Padrón

Enderezo: r/ Santiaguiño, s/n

Código: 15013199

CEIP Salustiano Rey Eiras

Concello: Pobra do Caramiñal, A

Localidade: Pobra do Caramiñal, A

Enderezo: r/ Bandaseca, s/n

Código: 15013291

CEIP Eduardo Pondal

Concello: Ponteceso

Localidade: Tella

Enderezo: A Trabe

Código: 15013643

CEIP A Magdalena

Concello: Pontes de García Rodríguez, As

Localidade: Pontes de García Rodríguez, As

Enderezo: r/ Monte Caxado, s/n (Campeiras)

Código: 15013977

CEIP Santa Irene

Concello: Porto do Son

Localidade: Porto do Son

Enderezo: r/ Campo Santa Irene, s/n

(Porto do Son)

Código: 15014180

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Concello: Rianxo

Localidade: Rianxo

Enderezo: r/ Rosalía Castro, 12

Código: 15014261

CEIP de Aguiño

Concello: Ribeira

Localidade: Aguiño

Enderezo: r/ Listres, s/n (Aguiño)

Código: 15014544

CEIP O Grupo

Concello: Ribeira

Localidade: Santa Uxía de Ribeira

Enderezo: r/ Miguel Rodríguez Bautista, 22

Código: 15015238

CEIP Barrié de la Maza

Concello: Santa Comba

Localidade: Santa Comba

Enderezo: r/ Rosalía de Castro, s/n

Código: 15016085

CEIP Arquitecto Casas Nóvoa

Concello: Santiago de Compostela

Localidade: Enfesta A.

Enderezo: A Sionlla de Abaixo

Código: 15016012

CEIP Cardeal Quiroga Palacios

Concello: Santiago de Compostela

Localidade: Santiago de Compostela

Enderezo: avda. Villaldía, 33-35

Código: 15019359

CEIP Monte dos Postes

Concello: Santiago de Compostela

Localidade: Santiago de Compostela

Enderezo: avda. Nova, 2

Código: 15022589

CEIP Lamas de Abade

Concello: Santiago de Compostela

Localidade: Santiago de Compostela

Enderezo: Lamas de Abade, s/n

Código: 15024975

CEIP Pío XII

Concello: Santiago de Compostela

Localidade: Santiago de Compostela

Enderezo: r/ Poza de Bar, s/n

Código: 15027332

CEIP das Fontiñas

Concello: Santiago de Compostela

Localidade: Santiago de Compostela

Enderezo: r/ de Roma, 21

Código: 15022590

CEIP de Roxos

Concello: Santiago de Compostela

Localidade: Villestro

Enderezo: r/ da Barrosa, 74, Roxos

Código: 15025724

CEIP Os Tilos

Concello: Teo

Localidade: Cacheiras

Enderezo: Os Tilos (Covas)

Código: 15017041

CEIP A Igrexa-Calo

Concello: Teo

Localidade: Calo

Enderezo: Balcaide

Código: 27000629

CEIP San Xoán

Concello: Becerreá

Localidade: Becerreá

Enderezo: avda. Ancares, s/n

Código: 27002584

CEIP Virxe do Carme

Concello: Burela

Localidade: Burela

Enderezo: rúa das Escolas, s/n (Os Castros)

Código: 27001816

CEIP Veleiro-Docampo

Concello:Castro de Rei

Localidade: Ribeiras de Lea

Enderezo: avda. da Terra Chá

(Ribeiras de Lea)

Código: 27003126

CEIP Xoán de Requeixo

Concello: Chantada

Localidade: Chantada

Enderezo: r/ Alférez Baanante, s/n

Código: 27003850

CEIP Santa María

Concello: Fonsagrada, A

Localidade: Fonsagrada, A

Enderezo: r/ Enrique Saavedra, s/n

Código: 27016391

CEIP O Cantel

Concello: Foz

Localidade: Foz

Enderezo: r/ Pintor Laxeiro, s/n

Código: 27006000

CEIP Juan Rey

Concello: Lourenzá

Localidade: Lourenzá

Enderezo: Campo do Termoal, s/n

Código: 27014665

CEIP Luís Pimentel

Concello: Lugo

Localidade: Lugo

Enderezo: r/ Santo Grial, s/n

Código: 27016467

CEIP Menéndez y Pelayo

Concello: Lugo

Localidade: Lugo

Enderezo: r/ Serra de Outes, s/n

Código: 27006954

CEIP Álvaro Cunqueiro Mora

Concello: Mondoñedo

Localidade: Mondoñedo

Enderezo: avda. Buenos Aires, s/n

Código: 27014860

CEIP A Gándara

Concello: Monforte de Lemos

Localidade: Monforte de Lemos

Enderezo: Travesía do Miño, s/n

Código: 27016662

CEIP de Monforte de Lemos

Concello: Monforte de Lemos

Localidade: Monforte de Lemos

Enderezo: Ronda Urbana, s/n

Código: 27013703

CEIP de Quiroga

Concello: Quiroga

Localidade: Quiroga

Enderezo: r/ Xeneral Franco, 118

Código: 27010891

CEIP Gregorio Sanz

Concello: Ribadeo

Localidade: Ribadeo

Enderezo: avda. Luarca, s/n

Código: 27012012

CEIP Frei Luís de Granada

Concello: Sarria

Localidade: Sarria

Enderezo: praza de Galicia

Código: 27012826

CEIP Santa María do Valadouro

Concello: Valadouro, O

Localidade: Ferreira

Enderezo: r/ Deputación, 7, Ferreira

Código: 27013296

CEIP Manuel Mato Vizoso

Concello: Vilalba

Localidade: Vilalba

Enderezo: Cidade Cultural

M. Fraga Iribarne

Código: 27005691

CEIP Pedro Caselles Rollán

Concello: Xove

Localidade: Xove

Enderezo: Agramonte

Código: 32001002

CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas

Concello: Bande

Localidade: Bande

Enderezo: r/ Outeiro, s/n

Código: 32001658

CEIP Julio Gurriarán Canalejas

Concello: Barco de Valdeorras, O

Localidade: Barco, O

Enderezo: r/ Lugo, 2

Código: 32015116

CEIP Condesa de Fenosa

Concello: Barco de Valdeorras, O

Localidade: Barco, O

Enderezo: r/ A Coruña, 24

Código: 32002951

CEIP Calvo Sotelo

Concello: Carballiño, O

Localidade: Carballiño, O

Enderezo: avda. de Compostela, s/n

(Uceira)

Código: 32003771

CEIP Curros Enríquez

Concello: Celanova

Localidade: Celanova

Enderezo: avda. López Blanco, s/n

Código: 32007272

CEIP Augusto Assía

Concello: Mezquita, A

Localidade: Mezquita, A

Enderezo: A Mezquita

Código: 32008771

CEIP de Práct. da E.U. Form. Profes. EXB

Concello: Ourense

Localidade: Ourense

Enderezo: r/ Vicente Risco, 11

Código: 32008793

CEIP Manuel Luis Acuña

Concello: Ourense

Localidade: Ourense

Enderezo: Rúa do Hórreo, 11

Código: 32008811

CEIP Virxe de Covadonga

Concello: Ourense

Localidade: Ourense

Enderezo: r/ Cibeles, 16

Código: 32015190

CEIP Albino Núñez

Concello: Ourense

Localidade: Ourense

Enderezo: Barrio do Pino, s/n

Código: 32016327

CEIP A Ponte

Concello: Ourense

Localidade: Ourense

Enderezo: avda. Xesús Pousa, 14

Código: 32010601

CEIP Manuel Bermúdez Couso

Concello: Pobra de Tribes, A

Localidade: Pobra de Tribes, A

Enderezo: avda. do Castelo, s/n

Código: 32011755

CEIP Manuel Respino

Concello: Rúa, A

Localidade: Rúa de Valdeorras, A

Enderezo: avda. de Vilela, 34

Código: 32013521

CEIP Princesa de España

Concello: Verín

Localidade: Verín

Enderezo: r/ Antonio Fernández Pérez, s/n

Código: 32015797

CEIP Amaro Refojo

Concello: Verín

Localidade: Verín

Enderezo: avda. Hermanos Fernández

Álvarez, 1

Código: 32014501

CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez

Concello: Vilardevós

Localidade: Vilardevós

Enderezo: Vilardevós

Código: 32004830

CEIP Sergio Mascareñas

Concello: Xinzo de Limia

Localidade: Xinzo de Limia

Enderezo: r/ Marcelo Macías, 59

Código: 36000181

CEIP Amor Ruibal

Concello: Barro

Localidade: Perdecanai

Enderezo: Outeiro

Código: 36000326

CEIP Montemogos

Concello: Bueu

Localidade: Beluso

Enderezo: Montemogos

Código:36015093

CEIP San Tomé

Concello: Cambados

Localidade: Cambados

Enderezo: r/ Olmos, 20

Código: 36000508

CEIP de Castrelo

Concello: Cambados

Localidade: Castrelo

Enderezo: Castrelo

Código: 36000934

CEIP do Castrillón-Coiro

Concello: Cangas

Localidade: Coiro

Enderezo: O Castrillón

Código: 36001033

CEIP de San Roque de Darbo

Concello: Cangas

Localidade: Darbo

Enderezo: San Roque do Monte

Código: 36002347

CEIP Pérez Viondi

Concello: Estrada, A

Localidade: Estrada, A

Enderezo: r/ Pérez Viondi, s/n

Código:36013618

CEIP de Figueiroa

Concello: Estrada, A

Localidade: Estrada, A

Enderezo: avda. de Santiago, 101 (Figueróa)

Código: 36002773

CEIP do Foxo

Concello: Estrada, A

Localidade: Rubín

Enderezo: O Foxo

Código: 36003662

CEIP Chano Piñeiro

Concello: Gondomar

Localidade: Mañufe

Enderezo: Pousa de Fontán

Código:36015135

CEIP A Sangriña

Concello: Guarda, A

Localidade: Salcidos

Enderezo: Paseo de Portugal, 19

Código: 36004101

CEIP de Lalín

Concello: Lalín

Localidade: Lalín

Enderezo: r/ E, 9

Código: 36004472

CEIP do Carballal

Concello: Marín

Localidade: Marín

Enderezo: Viñas Blancas, s/n (O Carballal)

Código: 36004484

CEIP da Laxe

Concello: Marín

Localidade: Marín

Enderezo: r/ República Argentina, 40

Código:36004691

CEIP de Coirón-Dena

Concello: Meaño

Localidade: Dena

Enderezo: Coirón

Código: 36004733

CEIP de Reibón

Concello: Moaña

Localidade: Meira

Enderezo: Xunqueira, 17 (Reibón)

Código: 36016619

CEIP de Atín-Cela

Concello: Mos

Localidade: Cela

Enderezo: Atín

Código: 36013564

CEIP Pena de Francia

Concello: Mos

Localidade: Tameiga

Enderezo: A Igrexa

Código: 3600555

CEIP Marquesa do Pazo da Mercé

Concello: Neves, As

Localidade: Neves, As

Enderezo: Eira da Liñaza, s/n

Código: 36005774

CEIP Vilameán

Concello: Nigrán

Localidade: Nigrán

Enderezo: r/ Curros Enríquez, 2 (Vilameán)

Código: 36007199

CEIP Isidora Riestra

Concello: Poio

Localidade: Poio

Enderezo: A Seca

Código: 36007591

CEIP Manuel Cordo Boullosa

Concello: Ponte Caldelas

Localidade: Ponte Caldelas

Enderezo: r/ Concepción Areal

Código: 36007497

CEIP Nosa Señora dos Remedios

Concello: Ponteareas

Localidade: Ponteareas

Enderezo: r/ Azorín, s/n

Código: 36007539

CEIP Fermín Bouza Brey

Concello: Ponteareas

Localidade: Ponteareas

Enderezo: avda. Fernández de la Mora, s/n

Código: 36006122

CEIP A Xunqueira, nº 1

Concello: Pontevedra

Localidade: Pontevedra

Enderezo: r/ Celso Emilio Ferreiro, s/n

Código: 36016929

CEIP da Cruz-Budiño

Concello: Porriño, O

Localidade: Budiño

Enderezo: A Cruz

Código: 36007023

CEIP Xosé Fernández López

Concello: Porriño, O

Localidade: Porriño, O

Enderezo: r/ Doantes de Sangue, 1

Código: 36017715

CEIP Antonio Palacios

Concello: Porriño, O

Localidade: Torneiros

Enderezo: A Relva

Código: 36007709

CEIP de Santo Paio de Abaixo

Concello: Redondela

Localidade: Redondela

Enderezo: Asnelle de Abaixo, 23

Código: 36007710

CEIP de Redondela

Concello: Redondela

Localidade: Redondela

Enderezo: r/ Mendiño, 28

Código: 36008751

CEIP Infante Felipe de Borbón

Concello: Salvaterra de Miño

Localidade: Lagoa

Enderezo: estrada do Porriño, 44 (A Lagoa)

Código: 36008805

CEIP de Portonovo

Concello: Sanxenxo

Localidade: Adina

Enderezo: r/ Areal, 5 (Portonovo)

Código: 36008866

CEIP A Florida

Concello: Sanxenxo

Localidade: Padriñán

Enderezo: Ricardo Santos, 16

Código: 36009524

CEIP Pedro Caselles Beltrán

Concello: Tomiño

Localidade: Tomiño

Enderezo: O Mosteiro

Código: 36009895

CEIP Nº 2

Concello: Tui

Localidade: Tui

Enderezo: avda. da Concordia, s/n

Código: 36009913

CEIP de Xanza

Concello: Valga

Localidade: Xanza

Enderezo: Baño

Código: 36009974

CEIP de Coutada-Beade

Concello: Vigo

Localidade: Beade

Enderezo: Camiño do Alén, 6 (As Coutadas)

Código: 36015354

CEIP da Carrasqueira

Concello: Vigo

Localidade: Coruxo

Enderezo: A Carrasqueira

Código: 36009962

CEIP Otero Pedrayo

Concello: Vigo

Localidade: Matamá

Enderezo: r/ Ramiro Pascual, 9 (Carneiras)

Código: 36010472

CEIP Ría de Vigo

Concello: Vigo

Localidade: Oia

Enderezo: avda. Cesáreo Vázquez, 139

(Canido)

Código: 36010691

CEIP Igrexa-Valadares

Concello: Vigo

Localidade: Valadares

Enderezo: Camiño Caseiro, s/n (A Igrexa)

Código: 36010009

CEIP Virxe do Rocío

Concello: Vigo

Localidade: Vigo

Enderezo: r/ Rocío, 70

Código: 36010162

CEIP A Canicouva

Concello: Vigo

Localidade: Vigo

Enderezo: r/ Canicouva, 22

Código: 36010708

CEIP Emilia Pardo Bazán

Concello: Vigo

Localidade: Vigo

Enderezo: r/ Camiño do Chouzo, 7

(O Chouzo)

Código: 36010711

CEIP Dr. Fleming

Concello: Vigo

Localidade: Vigo

Enderezo: r/ Ourense, 15

Código: 36016051

CEIP Seis do Nadal

Concello: Vigo

Localidade: Vigo

Enderezo: r/ Mondariz, 2

Código: 3601247

CEIP A Lomba

Concello: Vilagarcía de Arousa

Localidade: Vilagarcía de Arousa

Enderezo: A Lomba

Código: 36012419

CEIP Arealonga

Concello: Vilagarcía de Arousa

Localidade: Vilagarcía de Arousa

Enderezo: r/ A Xunqueira (A Lomba)