Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.685

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de novembro de 2000 pola que se concede o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2000.

Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 14 de xuño de 2000 (DOG do 21 de xuño), convocouse o Premio Galicia á Innovación Empresarial correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2000.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe darse a coñecer mediante a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, e tendo en conta a proposta elaborada polo xurado,

RESOLVO:

Concede-lo Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente ós Premios Galicia de Investigación 2000, á empresa Gairesa (Gallega de Impermeabilizaciones y Revestimientos Especiales, S.A.), pola súa innovación relativa ó deseño, formulación, desenvolvemento e posta a punto de sistemas de plásticos líquidos para a construcción, obra pública, enxeñería civil, industria naval, etc.

A presente orde pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública