Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de obras.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: execución das obras de construcción de nova Ponte Romai e Camiño da Roca con rotondas de enlace na avda. Duquesa de Lugo e rúa da Fonte.

3. Orzamento: (IVE incluído): 240.000.000 de pesetas.

4. Prazo de execución: 9 meses.

5. Garantía provisional: 2 por cento do orzamento de licitación, depositada na tesourería da deputación provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas: vinteseis (26) días naturais, a partir do seguinte á publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da deputación provincial.

10. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

11. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 261, de data 14 de novembro de 2000.

Lugo, 14 de novembro do 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo