Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual número un do Plan especial de equipamento docente e infraestructura viaria das Lagoas-Marcosende (expediente 5564/411).

O Pleno do Concello, en sesión do 29 de setembro de 2000, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual nº 1 do Plan especial de equipamento docente e infraestructura viaria no campus universitario das Lagoas-Marcosende, segundo a documentación presentada polo vicerrectorado de planificación da Universidade de Vigo coas modificacións que figuran na memoria corrixida e dilixenciada en portada como reformado 21-7-2000, redactada polo arquitecto José Carlos Rodríguez Otero da unidade técnica da universidade.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse o seguinte recurso:

Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 17 de outubro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo