Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.676

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TESOURERÍA XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2000, da Dirección Provincial de Lugo, pola que se anuncia poxa pública para o alleamento de tres inmobles da súa propiedade.

O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, con data do 30 de agosto de 2000. autorizou a Tesourería Xeral da Seguridade Social, que acorda a súa venda e declara a alleabilidade con data do 6 de xuño de 2000, para allea-los inmobles que a continuación se detallan por lotes, todos eles da concentración parcelaria de Vilaronte, do concello de Foz (Lugo):

Lote número 1: predios número 1-44 e 2-246 da citada concentración parcelaria, ó tipo mínimo de licitación de 1.480.000 pesetas (8.894,98 euros).

Lote número 2: predio 1-134 da citada concentración parcelaria, ó tipo mínimo de licitación de 3.500.000 pesetas (21.035,42 euros).

A poxa rexerase polo prego de cláusulas administrativas particulares que se atopan á disposición dos posibles licitadores na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social de Lugo (secretaría provincial), na praza do Ferrol, 11, de Lugo, das nove ás catorce horas. Teléfono: 982 24 23 12.

A data da poxa será o 27-12-2000, ás 10 horas.

Lugo, 25 de outubro de 2000.

Julio Veloso Balboa

Director provincial da Tesourería Xeral

da Seguridade Social de Lugo