Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión do 22-9-2000, aprobou o prego de condicións que rexerá o procedemento aberto, en réxime de concurso, para a contratación da execución da obra de saneamento e abastecemento Penalva, Borraxos, Ramuín y Casanova-Mollón.

Anúnciase simultaneamente o concurso, se ben se aprazará cando resulte necesario, de se presenetaren reclamacións.

Prezo: 16.498.010 pesetas.

Garantías.

-Provisional: 329.960 pesetas.

-Definitivas: 659.920 pesetas.

Presentación de plicas: nos trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP/DOG (contados a partir da última publicación). Horario: das 9 ás 14 horas no rexistro do concello, de luns a venres; sábados, das 9 ás 12 h.

Apertura de ofertas: o primeiro día hábil seguinte ó de remate de presentación de plicas en sesión pública na casa do concello, ás doce horas. De ser sábado, pasaría ó seguinte hábil.

Nogueira de Ramuín, 15 de novembro de 2000.

José Eugenio Galindo González

Alcalde