Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS NEVES

EDICTO.

De conformidade co acordo da Comisión de Goberno, con data do 6 de outubro de 2000, anúnciase concurso polo procedemento aberto, para adxudica-la obra seguinte:

1. Obxecto do contrato.

Obra: rede de sumidoiros ós núcleos de San Xosé de Ribarteme, incluída no POL 2000.

Prezo máximo de licitación: 12.046.405 pesetas.

Prazo de execución: catro meses.

A obra realizarase conforme o proxecto técnico e prego de cláusulas administrativas á disposición dos interesados na secretaría do concello.

2. Garantías.

Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento de contrato.

3. Presentación de proposicións e documentación complementaria.

As propostas admitiranse a partir do día en que remita ó BOP e ó DOG o anuncio correspondente, ata pasados 26 días naturais despois da publicación do último anuncio correspondente.

4. Modelo de proposición.

O contido no prego de cláusulas.

Documentación complementaria: a sinalada no prego (e na LCAP).

Cando as proposicións se envíen por correo o licitador deberá xustifica-la data e hora na que fixo o envío e comunicalo ó concello mediante fax ou telegrama, dentro da data e hora fixados como prazo de presentación.

5. Criterios da selección.

Os sinalados no artigo 15 do prego de condicións.

6. Apertura de plicas.

No salón de sesións do concello, o seguinte día hábil ó do remate da presentación de proposicións ás 13, agás que o día citado fose sábado, en que quedará demorada ó primeiro día hábil posterior.

7. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

8. Exposición do prego de cláusulas administrativas.

Durante o prazo de oito días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

As Neves, 16 de outubro de 2000.

Raúl Emilio Castro Rodríguez

Alcalde-presidente