Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia de tramitación: Secretaría Xeral. Obxecto do contrato: concesión do uso privativo de bens de dominio público mediante instalación de quiosco. Lugar de instalación: xardíns municipais, destino: venda de prensa e revistas, bar e aseos públicos. Na praza Martínez Anido destino venda de prensa e revistas e aseo público. Criterios que servirán de base á licitación. Os criterios obxectivos polos que se levará a cabo a presente concesión baséanse en razóns de tipo social e de servicio ó público en xeral. Valoraranse do seguinte xeito: empresas que se dediquen exclusivamente a facilitar
emprego a traballadores minusválidos, que deberán ocuparse como empregados nestes quioscos, 6 puntos (ou 8 puntos se o persoal pertence ó termo municipal da Estrada). Entidades sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica, que realicen prestacións de carácter social ou asistencial, 6 puntos. Persoas físicas con minusvalidez que non impidan a realización deste traballo, segundo o grao de minusvalidez ata 6 puntos. Persoas con máis de cinco anos en paro como demandantes de primeiro emprego, preferentemente. Canon anual: 1 punto por cada 150.000 pesetas, que superen o tipo mínimo que se fixa nestes pregos.
Construccións: deberán efectualas os adxudicatarios.
Duración da concesión: 15 anos. Canon: 15.000 pesetas anuais para o quiosco dos xardíns e 5.000 para o da prza. Martínez Anido. Garantías: provisional: 7.436 no quiosco do xardín e 2.407 para o da prza. Martínez Anido. Definitiva: 18.592 pesetas e 6.018 pesetas, respectivamente.
Dereitos e deberes: os fixados no prego de condicións.
Presentación de propostas: os licitadores poderán presenta-las correspondentes propostas na secretaría do concello, en horas de oficina durante o prazo de vinteseis días naturais contados desde a publicación do correspondente anuncio no DOG.
Presentaranse dous sobres que conterán a inscrición: «Proposición para tomar parte na concesión para adxudicación por concurso, procedemento aberto, do uso da vía pública para instalación de quiosco».
Sobre A) conterá documentación establecida no prego de condicións:
Sobre B) modelo de proposición segundo prego. Prego íntegro publicado no BOP do 9 de outubro de 2000. Pódese obter na Secretaría Xeral ou por fax, no teléfono: 986 57 01 65 (ext: 15).
As ofertas poderán facerse por un ou dous quioscos.
A Estrada, 11 de outubro de 2000.
O alcalde
Rubricado