1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: sección de contratación. b) Número de expediente: Sg2000/1.
Obxecto do contrato: contratación da póliza de seguros de accidentes de funcionarios.
Prazo de execución: desde as 00.00 horas do 1 de xaneiro de 2001 ata as 24 horas do día 31 de decembro de 2001, renovable anualmente de forma tácita como máximo ata o 31 de decembro de 2003.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento máximo de licitación: 10.000.000 de pesetas (60.101,21 euros), impostos, taxas e recargas aplicables.
5. Garantía provisional: non se esixe. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información; a) Entidade: véxase punto 1, b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: contratacionobras*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Clasificación: non esixible.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: vinteseis días naturais contados desde a data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.
A Coruña, 13 novembro de 2000.
P.D.
Carlos González-Garcés Santiso
Tenente alcalde delegado de Contratación