Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

No BOP da Coruña, nº 221, do 25 de setembro de 2000, publicaronse integramente as bases da convocatoria por oposición libre para a provisión dunha praza de guarda da policía local, vacante no cadro de persoal do Concello de Oleiros.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio da convocatoria no BOE, deixando constancia de que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Oleiros, 3 de outubro de 2000.

María José Varela Neira

Concelleira delegada de Persoal,

Gobernación, Consumo e Sanidade