Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de proxecto de compensación da U.E. IV-12 Ramón Nieto 6, corrección e aclaración da resolución de aprobación definitiva.

O alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo, con data do 10 de novembro de 2000, adoptou a seguinte resoolución:

Primeiro.-Aproba-las correccións, aclaracións e especificacións ó proxecto de compensación da U.E. IV-12 Ramón Nieto 6; definitivamente aprobado por resolución do alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo do 30 de xuño de 2000, solicitadas pola Xunta de Compensación deste polígono, en escritos do 30 de xuño e 25 de outubro de 2000, que se expresan na parte expositiva do presente acordo e concretamente:

a) Que na descrición do predio achegado como número 7 á unidade de actuación debe dicir:

Descrición e lindeiros: cunha superficie de 162 m e que linda norte: avenida de Ramón Nieto; sur, predio número 4 incluído dentro do plano parcelario da unidade de actuación, antes de Amancio Espino e de Francisco Alonso, e hoxe de Pirsa O Grove, S.A.; leste, resto do predio matriz de Emilio Aballe Domínguez e Celia Rodríguez Cáceres; e oeste predio número 8 incluída dentro do ámbito de actuación de Bautista Domínguez Rodríguez hose Pirsa O Grove, S.A.

Título de propiedade: perténcelle por compravenda efectuada ante o notario de Pontevedra Rafael Sanmartín Losada, o día 6 de outubro de 1999, con número de protocolo 2.135.

Superficie total do predio incluído dentro do ámbito da unidade de actuación: parcela de 162 m.

b) A parcela resultante nº 10, dunha superficie edificable de 2.738 m adxudícase en pro indiviso ó Concello de Vigo, á entidade de Pirsa O Grove, S.A. e a Alfonso Martínez Docampo e esposa (Dolores Fernández Vázquez, en réxime de gananciais) nas seguintes proporcións:

-A Alfonso Martínez Docampo e esposa ó 7,1673% proporción correspondente á 196,2412 m.

-A Pirsa O Grove, S.A.: o 5,7618% proporción correspondente a 157,7588 m.

-O Concello de Vigo: o 87,0709% proporción correspondente a 2.384 m.

c) No proxecto de compensación onde di que «os predios resultantes están constituídos por unha edificación», debe dicir: «ós predios resultantes se lles atribúe unha edificabilidade».

d) Que no PXOU de Vigo os aproveitamentos baixo rasante non computan para efectos de edificabilidade, sendo os únicos parámetros urbanísticos para ter en conta respecto ós aproveitamentos en subsolo os de ocupación e recuados; ocupación que vén establecida como superficie en planta nas correspondentes fichas do proxecto de compensación.

e) De acordo co disposto no artigo 126 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística, farase constar nas parcelas de resultado a afección real delas ó pagamento do saldo da conta de liquidación definitiva.

f) Que a cota de participación dos predios resultantes nos beneficios e cargas de actuación é a que se fixa expresamente no cadro que segue na columna definida como cota de liquidación definitiva:

ParcelaPropietarioEdificabilidadeConta

liquidación

provisional

Cota

liquidación

definitiva %

1Prisa O Grove, S.A.1.992 m6.919.135 ptas.8,20%

2Prisa O Grove, S.A.1995 m6.919.135 ptas.8,20%

3Prisa O Grove, S.A.1995 m6.919.135 ptas.8,20%

4Prisa O Grove, S.A.1.995 m6.919.135 ptas.8,20%

5Prisa O Grove, S.A.1.995 m6.919.135 ptas.8,20%

6Prisa O Grove, S.A.1.995 m6.919.135 ptas.8,20%

7Prisa O Grove, S.A.1.995 m6.919.135 ptas.8,20%

8Prisa O Grove, S.A.1.995 m6.919.135 ptas.8,20%

9Prisa O Grove, S.A.1.995 m6.919.135 ptas.8,20%

10Concello de Vigo2.384 m8.436.013 ptas.10%

Alfonso Mtez. Docampo e esposa196,2412 m694.418 ptas.0,82%

Pirsa O Grove, S.A.157,7588 m558.245 ptas.0,66%

11Prisa O Grove, S.A.2.720 m9.623.929 ptas.11,44%

12Alfonso Mtnez. Docampo e esposa784 m2.775.314 ptas.3,28%

Total23.840 m84.360.134 ptas.100%

g) En cumprimento do disposto no punto 3.2.3.5.b), in fine das normas urbanísticas do PXOU de Vigo, sobre a conservación de zonas verdes e espacios libres, a futura conservación delas será de cargo da entidade de conservación que se constituirá por transformación da propia xunta de compensación, os estatutos da cal serán presentados para a súa aprobación ó Concello de Vigo, antes da recepción das obras de urbanización por esta administración municipal.

Segundo.-Procédase á corrección da documentación do proxecto de compensación mediante a substitución das follas correspondentes polas rectificadas, á vista das correccións, aclaracións e especificacións que agora se aproban, presentadas pola xunta de compensación con data do 25 de outubro de 2000.

Terceiro.-Sométase o expediente á información pública, mediante a publicación dos anuncios legalmente previstos e con notificación individual ó propietarios afectados.

De conformidade co establecido no artigo 133.8º, en relación co 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o devandito proxecto á exposición pública polo prazo de vinte días contados desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que presenten cantas alegacións ou documentos que se estimen por convenientes.

O expediente atópase á disposición do público na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

Vigo, 14 de novembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo