Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 22 de novembro de 2000 Páx. 15.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública dun proxecto de compensación na rúa da Pardaíña, s/n. (Expediente 4242/401).

Ángel Villacé Rodríguez, como representante e administrador da entidade mercantil Promociones Ganesen, S.L. presentou no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo en data do 17 de xullo de 2000, o proxecto de compensación na rúa Pardaíña, s/n, na parroquia de Bouzas.

De conformidade co establecido no artigo 133.8º, en relación co 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o devandito proxecto a exposición pública polo prazo de vinte días desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia para que se presenten cantas alegacións ou documentos se estimen por convenientes.

O expediente atópase á disposición do público na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Vigo, 10 de novembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo